José María Campo Serrano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Campo Serrano
José María Campo Serrano 1.jpg
Nacemento8 de setembro de 1832
 Santa Marta
Falecemento24 de febreiro de 1915
 Santa Marta
NacionalidadeColombia
Ocupaciónpolítico e avogado
editar datos en Wikidata ]

José María Campo Serrano, nado en Santa Marta o 8 de setembro de 1832, e finado ibídem o 24 de febreiro de 1915, foi un político colombiano, presidente de Colombia, representante, senador, gobernador do Estado Soberano de Magdalena e xefe civil e militar de Antioquia durante a revolución de 1885. Xeneral de división o 4 de febreiro de 1885. Ministro durante os gobernos de Francisco Javier Zaldúa, Ezequiel Hurtado e Rafael Núñez. Concorreu por Antioquia ó Consello Nacional de Delegatarios.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Campo Serrano vinculouse ó exército do xeneral Tomás Cipriano de Mosquera na guerra civil de 1860-1862, contra o goberno de Mariano Ospina Rodríguez.

Foi elixido representante ó Congreso Nacional en 1866 e posteriormente, Senador da República.

No goberno de Francisco Javier Zaldúa ocupou a Secretaría de Instrución Pública; no goberno de Ezequiel Hurtado, a Secretaría de Goberno; e na administración do Rafael Núñez, ocupou varias secretarías.

Como liberal independente, foi partidario do movemento da Rexeneración de Núñez, quen en 1885 nomeouno Secretario de Mariña e Guerra, onde lle correspondeu afrontar a guerra civil de 1885 que levou á derrota do radicalismo, culminou co derrubamento da Constitución de 1863.

Despois foi nomeado Secretario de Facenda e logo delegado do poder executivo en Antioquia, onde gobernou entre o 12 de marzo e o 21 de setembro de 1885. En representación de Antioquia, Campo Serrano participou na redacción da nova Constitución Nacional. O Consello elixiu como presidente a Rafael Núñez, vicepresidente, a Eliseo Payán, e designado, Campo Serrano.

Presidencia da República[editar | editar a fonte]

O 30 de marzo de 1886, o Consello de Delegatarios aceptou a separación do cargo de presidente a Núñez e Campo Serrano, como designado, foi chamado para substituílo. Correspondeulle sancionar a Constitución Nacional de 1886, o 5 de agosto do mesmo ano.[1]

O xeneral Campo Serrano foi Presidente da República até o 6 de xaneiro de 1887. Do seu goberno salientan obras como os contratos de iluminación eléctrica e auga potable para Bogotá e o impulso que deu ós Ferrocarrís da Sabana de Bogotá e o Magdalena.

Actividade post-presidencial[editar | editar a fonte]

Concluído o seu mandato presidencial, Campo Serrano aceptou servir como ministro de Goberno e gobernador do Departamento de Panamá.[2] Posteriormente foi elixido senador polo Departamento do Magdalena, en 1888.

Morreu en Santa Marta o 24 de febreiro de 1915, sendo sepultado no cemiterio de San Miguel na mesma cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Los otros tres samarios heroicos". 20 de julio de 2005. Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  2. "El general Campo Serrano". 24 de agosto de 2010. Consultado o 7 de marzo de 2017.