José María Bourio Fernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José María Bourio Fernández
Nacemento11 de decembro de 1907
 Lugo
Falecemento16 de febreiro de 1986
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónprofesor e político
editar datos en Wikidata ]

José María Bourio Fernández, nado en Lugo o 11 de decembro de 1907 e finado no mesmo concello o 16 de febreiro de 1986, foi un profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Funcionario da Delegación de Traballo, foi contador do Colexio Pericial Mercantil (1932). En 1936 era profesor de mercantil, caligrafía e debuxo no Instituto Femenino de Lugo. Afiliado á UGT, foi vicesecretario da Federación Provincial Trabajadores de Lugo (1932). Foi secretario das Juventudes Socialistas (1932), secretario de actas das Juventudes Socialistas Unificadas (1936) e membro da Agrupación Socialista lucense. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e agochado nos montes de Barreiros ata que puido embarcar rumbo a Cuba vestido de cura con identidade falsa. Xulgado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas, foi sancinado en ausencia. En Cuba traballou como dependente da Ferretería Celestino Joaristi y Cía. e despois como xefe de vendas da empresa norteamericana Remintong Rand. Adquiriu a nacionalidade cubana. En 1947 regresou a Galicia con permiso de tres meses e en 1949 con toda a familia con intención de quedarse, pero tiveron que volverse por problemas na renovación do permiso de estancia. En Cuba mantivo contacto co Círculo Republicano Español e a Casa de la Cultura. En 1958 regresou definitivamente a Galicia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

  • Casou con Isabel Villarino del Riego e foi pai de José e Carlos Bourio Villarino.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]