José María Baliño Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Baliño Sánchez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoBoimorto Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

José María Baliño Sánchez, nado en Boimorto, foi un practicante, militar e guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Veciño de Cereixo (A Estrada). Practicante en barcos mercantes. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno no porto de Barcelona e integrouse como voluntario no exército republicano, onde foi practicante militar provisional do Corpo de Sanidade Militar. En decembro de 1937 foi destinado para o Hospital de Evacuación do Exército do leste.[1] Cando rematou a guerra pasou a Francia, onde foi confinado primeiro no campo de concentración de Argelés Sur Mer e despois no de Barcarés. Co estalido da segunda guerra mundial foron trasladados a Saint-Cyprien e despois, novamente, a Argelés Sur Mer. En decembro de 1939 saíu cunha compañía de traballadores cara Normandía, para traballar na construción dunha vía de ferrocarril. Alí enfermou de úlcera. Participou nunha retirada de máis de 600 quilómetros durante 12 días ata que se firmou o armisticio. Logo traballou como barbeiro, facendo zapatos e agricultor até que en agosto de 1944 se incorporou á resistencia (Forces Françaises de l'Intérieur [FFI]) participando na Brigada C. Integrouse na Agrupación de Guerrilleros Españoles en Tolosa e pasou ao Estado español na invasión do Val de Arán o 19 de febreiro de 1944. O 27 dese mes acordaron retirarse, pero José María, pola súa úlcera, caeu enfermo e decidiu entregarse á Garda Civil no posto de Castejón de Valdejasa (Zaragoza). Xulgado por rebelión militar en Zaragoza o 19 de maio de 1945, foi condenado a 12 anos de prisión.[2] Percorreu os penais de Zaragoza, San Miguel de los Reyes, Modelo, Cáceres, Yeserías e Talavera, até que saíu do cárcere en 1949 e volveu a Cereixo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]