José Manuel Rey de Viana
José Manuel Rey de Viana | |
---|---|
Monumento a Xosé Manuel Rey de Viana, no Parque das Mercedes, en Ourense. | |
Nacemento | 1923 |
Lugar de nacemento | Ourense |
Falecemento | 1995 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | bailarín e coreógrafo |
Cónxuxe | Victoria Canedo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Manuel Rey de Viana, nado en Ourense en 1923 e finado na Coruña en 1995, foi un bailarín e coreógrafo galego. Foi o fundador xunto coa súa muller, Victoria Canedo, do ballet galego que leva o seu nome.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Iniciouse con oito anos no baile. Percorreu diversas escolas de danza europeas. En 1949, xunto coa súa muller, tamén bailarina, fundou o Ballet Galego Rey de Viana co obxectivo de dar a coñecer o folclore galego. A súa primeira actuación foi na Coruña en 1955[1].
En 1964 actuou no pavillón español da Feira Mundial de Nova York. En 1971 a dirección do Ballet foi cedida á Deputación da Coruña. Aos 65 anos tivo que xubilarse por esixencia da Deputación facendo unha folga de fame e unha manifestación artística nos xardíns de Méndez Núñez. O Ballet pasou a estar baixo dirección da Xunta[2].
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- En 1994 foille concedida a Medalla de Galicia de prata.
- En maio de 2007 inaugurouse unha sala adicada ao seu ballet no Museo das Mariñas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Orígenes y evolución del Ballet Galego Rey de Viana", no blog galidanza.
- ↑ "Adiós a la otra mitad del Ballet Galego Rey de Viana", artigo en La Voz de Galicia, 6 de xaneiro de 2016.