José Manuel Piñeiro Amigo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1938 Cambados, España |
Morte | 1 de xuño de 2021 (83 anos) |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
15 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982 Lexislatura: I lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1979 en España | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
5 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979 Lexislatura: Lexislatura Constituínte de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña Electo en: Eleccións Xerais 1977 en España | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Manuel Piñeiro Amigo, nado en Cambados o 27 de maio de 1938 e finado o 1 de xuño de 2021, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1961. Graduado Social (1963). Secretario da administración local, foi secretario dos concellos de Teo, Ordes (1968), da Mancomunidade de concellos da Comarca de Ordes e da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Pertenceu ao Partido Gallego Independiente, formación centrista que se integraría na UCD. Foi elixido deputado do Congreso por UCD pola provincia da Coruña na lexislatura constituínte (1977-1979). Volveu ser elixido deputado na I lexislatura (1979-1982). Nas eleccións de 1982 presentouse pola refundada Agrupación Electoral Galega Independente pero non saíu elixido.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.