José Manuel Fernández Sobrino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Manuel Fernández Sobrino
Nacemento1936
 Vilardevós
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

José Manuel Fernández Sobrino, nado en Vilardevós en xullo de 1936[1], é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Asentou de novo no barrio da Ponte da vila de Ourense. Desenvolveu a súa actividade profesional en torno á cadea de radio Cope de Ourense, onde era comentarista habitual e retransmitía os partidos do CD Ourense nos desprazamentos. Foi nun destes desprazamentos, en Cambados onde despois do partido caeu enfermo dunha paraplexía que o deixou nunha cadeira de rodas. Dende entón as súas aparicións en antena foron diminuíndo en favor dos seus compañeiros Miguel Domínguez e Ricardo Seguín.

Froito da súa experiencia como comentarista deportivo chegou a escribir sobre o CD Ourense. Así no ano 2002 publicouse Club Deportivo Ourense: 1952-1977. En 2003 publicou a segunda parte da historia do Club: Club Deportivo Ourense: 1977-2002. Otros 25 años hasta el Cincuentenario.

Cos anos retomou a súa actividade literaria, coa publicación dun libro sobre o barrio ourensán da Ponte, que naquela época era concello de seu, co nome de Ponte Canedo. O libro, titulado La vida en A Ponte hasta 1960: de las viñas al asfalto, presentouse o 30 de setembro de 2010 na igrexa de Santiago das Caldas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. Cándida Andaluz (25 de febreiro de 2018). "«Lo que más se echa de menos al llegar a una edad es a los amigos»". La Voz de Galicia.