José M. Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José M. Hernández
Datos persoais
Nacemento7 de agosto de 1962
LugarFrench Camp
Actividade
MisiónsSTS-128
Tempo no espazo13,87 días
PremiosOhtli Award
editar datos en Wikidata ]

José Moreno Hernández, nado en French Camp (California), o 7 de agosto de 1962, é un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-128.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hernández graduouse en enxeñería eléctrica pola Universidade do Pacífico en 1984 e é máster en enxeñería eléctrica e de ordenadores pola Universidade de California-Santa Barbara en 1986.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en maio de 2004. Participou na misión STS-128, pasando un total de 13,87 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Hernandez, Jose Moreno" (en inglés). Consultado o 12 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (5 de xuño de 2004). "Jose Hernandez, Mission Specialist" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2020. Consultado o 12 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]