Xosé Luís García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Luis García García»)
Infotaula de personaXosé Luís García
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Os Ánxeles, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Brión
1979 – 2020 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Brión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , funcionario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Xosé Luís García García,[1] nado nos Ánxeles (Brión) o 26 de setembro de 1953, é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes, pasou parte da súa infancia na emigración. É funcionario do Servizo Galego de Saúde en excedencia. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a "Candidatura Galega Independente" á alcaldía de Brión e foi elixido alcalde con maioría simple. Nas seguintes eleccións foi reelixido con amplas maiorías absolutas, manténdose na mesma candidatura ata a súa integración no PSdeG-PSOE en maio do 2006. Foi fundador e presidente da Federación Galega de Concellos Rurais, a cal se integrou na FEGAMP no 1996.

Nas municipais de 2007 encabezou a candidatura socialista e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 e 2015 volveu revalidala maioría absoluta. Foi elixido deputado provincial en 2007 e 2015. Nas eleccións municipais de 2019 volveu ser escollido alcalde con maioría absoluta.[2] En setembro de 2020 anunciou a súa renuncia á alcaldía e o abandono da vida política por razóns familiares, e foi substituído polo seu número 2 Pablo Lago Sanmartín.


Predecesor:
Benedicta Pérez
 
Alcalde de Brión
 
1979 - 2020
Sucesor:
Pablo Lago Sanmartín

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Nome de Xosé Luís na páxina do concello". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2014. 
  2. Concello de Brión na FEGAMP

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]