José Luís Delgado Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Luís Delgado Núñez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
A Portela, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1938 Editar o valor em Wikidata (26/27 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Luís Delgado Núñez, nado na Portela (Vilamartín de Valdeorras) en 1911 e finado en Ourense o 7 de marzo de 1938, foi un labrego e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte da agrupación local do Partido Galeguista de Vilamartín de Valdeorras. Foi tiroteado polo crego José Caurel en xuño de 1934 cando foi tocar as campás para que os veciños se sumasen á protesta para solicitar o cumprimento das condicións laborais fixadas na lexislación republicana e foi denunciado polo mesmo crego en marzo de 1936 por ter protestado esixíndolle que abandonase A Portela e que fixese efectiva a entrega da casa reitoral e do cemiterio ao concello. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou o 21 de xullo no enfrontamento coa columna de falanxistas e militares que tentaban tomar Vilamartín. Agochado nos montes da zona con outros veciños de Vilamartín, tentou dirixirse a Asturias sen conseguilo. Denunciado, foi localizado en 1937 e detido. Sometido a consello de guerra en Ourense con Juan Antonio Álvarez Quiroga, Antonio Rodríguez García, Antonio Fernández e José Sández García, foi condenado á pena de morte. Foi fusilado no campo de Aragón o 7 de marzo de 1938.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]