José López Requejo
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
José López Requejo, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Formou parte como secretario do Comité Provincial Agrario de Ourense desde 1916 e despois da Federación Agraria Provincial. Coa folga xeral de 1917 fuxiu a Portugal con Antonio Buján Pérez e foron detidos en Ribadavia á súa volta en xaneiro de 1918[1]. Colaborou en La Raza (1918) e dirixiu La Zarpa (abandonou a dirección en 1926 por motivos de saúde, pero volveu dirixilo en 1928). Foi denunciado por inxurias por Marcial Ginzo Soto. Foi vicepresidente da Asociación da prensa de Ourense (1931).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Noticia en Diario de Pontevedra, 18-1-1918, p. 3.