José Julio Rodríguez Fernández
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
José Julio Rodríguez Fernández | |
---|---|
![]() Xeneral do Aire Rodríguez. | |
Nome completo | José Julio Rodríguez Fernández |
Nacemento | Ourense, 8 de xuño de 1948. |
Servizo | Exército do Aire de España dende 1969. Como XEMAD entre 2008 e 2011. |
Rango | Xeneral do Aire. |
Unidade | Estado Maior da Defensa. |
Mandos | Estado Maior da Defensa. |
Batallas/Guerras | Ningunha. |
Distincións | 4 Cruces da R. e M. Orde de S. Hermenegildo 4 do mérito aeronáutico con distintivo branco. ![]() ![]() ![]() ![]() |
José Julio Rodríguez Fernández, nado en Ourense o 8 de xuño de 1948, é un militar e político galego, ex XEMAD de España.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ingresou nas Forzas Armadas de España en 1969 e ascendeu ata chegar ao posto de xeneral do aire.
O 18 de xullo de 2008 foi nomeado Xefe do Estado Maior da Defensa de España,[1] o posto militar español de maior capacidade executiva por debaixo do Rei. Antes de que pasaran catro meses, o 9 de novembro dese mesmo ano, desprazouse, xunto coa Ministra de Defensa a Afganistán, a xunta dos militares españois que se atopaban alí de misión, moitos deles galegos (procedentes da base do Exército de Terra español en Pontevedra) a recoller os restos de dous falecidos nun atentado.
Logo da vitoria electoral do Partido Popular en 2011, foi destituído o 30 de decembro dese ano. En 2015 presentouse ás eleccións xerais na candidatura de Podemos pola circunscrición de Zaragoza.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Herat, 2008. Chacón e Rodríguez acudiron a repatriar os restos de dous militares galegos falecidos.[2]
De visita en Cabul en 2009.
Predecesor: Félix Sanz Roldán |
![]() Xefe do Estado Maior da Defensa de España 2008 - 2011 |
Sucesor: Fernando García Sánchez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Real Decreto 1249/2008, de 18 de xullo, polo que se nomea Xefe do Estado Maior da Defensa, BOE (en castelán).
- ↑ Juan Andrés Suárez García, de orixe asturiano, afincado e destinado en Pontevedra, e o vigués Rubén Alonso Ríos.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Julio Rodríguez Fernández |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial do Ministerio de Defensa (en castelán).
- Perfil na páxina da OTAN (en inglés e francés).