José Imaz Baquedano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Imaz Baquedano
Biografía
Nacemento24 de abril de 1767 Editar o valor em Wikidata
Errenteria, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de xullo de 1834 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José (ou Joseph) Agustín Imaz Baquedano, nado en Errenteria (Guipúscoa) o 24 de abril de 1767 e finado en Madrid o 27 de xullo de 1834,[1] foi un político e economista vasco.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fillo de Francisco de Imaz y Goyburu, e María Magdalena de Baquedano Yrabe. Durante a Guerra da Independencia española atopábase en Andalucía, onde casara en 1797, con Antonia Arias de Saavedra López, natural da Habana.[1] Destinado en Málaga, tivo que se refuxiar en Xibraltar ao ser condenado por colaboracionismo co goberno de Xosé I. Posteriormente, tras un proceso no que foi examinada a súa conduta durante a guerra, puido volver a España sen ningún cargo. En Málaga, foi administrador xeral do Tesouro e funcionario do Contaduria principal do Exército de Andalucía.

Ao remata-la guerra, foi destinado para Madrid, onde exerceu de contador xeral da Dirección Xeral de Rendas dentro da nova estrutura do Despacho de Facenda. En 1815, presidiu a Xunta de Aranceis e de 1816 a 1818, foi un dos principais colaboradores do Despacho de Facenda de Martín de Garay Perales, e dende o 14 de setembro de 1818 e até 1819, Fernando VII encargoulle o desempeño, de xeito interino[3], o mesmo Despacho de Facenda relevando despois a Martín de Garay. Destacou pola reestruturación dos departamentos dentro do plan de renovación patrocinado por Garay para racionalizar a área facendística do goberno.

Durante o Trienio liberal, foi director director de Aduanas e Resgardos,[4][5] presidente da Xunta de Aranceis e vicepresidente da Compañía de Filipinas. Ao final do trienio, ocupou interinamente só durante tres días (renunciando por considerar que non estaba preparado para este destino)[6], o Despacho de Facenda baixo a presidencia de Eusebio Bardají.

Durante a Restauración absolutista no reinado de Fernando VII, como moitos outros liberais, foi represaliado e expulsado a Cuenca e, a continuación, a Málaga. En 1829, foi parcialmente rehabilitado, volvendo a Madrid, e traballando, de novo, na área facendística.

En 1830, foi nomeado Director Xeral de Rendas, en comisión, e participou en varias comisións creadas para aliviar os problemas de tesourería do reino. Unha desas comisións, asinada por Imaz, alertou dos graves problemas de déficit público. En 1833, dimitiu de tódalas súas responsabilidades por problemas de saúde, Mais en 1834, durante a rexencia e a minoría de idade de Isabel II, despois de xurarlle fidelidade[7], volveu para ocupar a carteira de Facenda do goberno de Francisco Martínez de la Rosa, un cargo que ocupou durante pouco máis de catro meses por mor do seu mal estado de saúde. Cando no Estatuto Real de 1834 se crea o Estamento de Próceres, polo que xunto cos Grandes de España, aparece unha lista cos que teñen dereito a ser membros natos polos seus servizos, compróbase que Imaz Baquedano non está, polo que o 18 de xuño de 1834, faise un decreto que no que se inclúe exclusivamente o seu nome co nomeamento como Prócer do Reino[8]. Porén, a súa morte, un mes máis tarde, non llle deu tempo a ocupa-la cadeira.

Entre outras distincións, que recibiu en vida, cómpre destacar a súa participación na Real Academia de Belas Artes de San Fernando como académico de honra de 1817.


Predecesor:
Martín de Garay Perales

Ángel Vallejo VIllalón
José Aranalde Gorbieta

 Ministros de Economía e Facenda de España 
14 de setembro de 1818 - 3 de novembro de 1819 (interino)

8 de xaneiro de 1822 - 11 de xaneiro de 1822
7 de febreiro de 1834 - 18 de xullo de 1834

Sucesor:
Antonio González Salmón

Luis Sorel Carcaño
José María Queipo de Llano

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Urquijo (2010), p. 218
  2. Úsase como base para a biografía a obra de Urquijo Goitia, por ser a única que non confunde a Imaz Baquedano co militar José Imaz Altolaguirrre. (Véxase obra citada nas pp. 215-217).
  3. Olmos (1997), p. 20
  4. Repertorio general de noticias politicas, civiles, éconómicas, y estadísticas de Europa y particularmente de España para el año 1823. Imprenta de D. Miguel de Burcos. 1832. p. 208. 
  5. Martín de Balmaseda, Fermín (1820). Decretos del Rey Fernando VII. Tomo VI. Madrid: Imprenta Nacional. p. 440.
  6. Urquijo (2010), p. 222
  7. de Nieva, José María (1835). Decretos de la reina nuestra señora doña Isabel II, dados en su nombre, por su augusta madre la Reina Gobernadora 1834. Tomo XIX. Madrid: Imprenta Real. p. 204. 
  8. Urquijo (2010), p.226

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Olmos, José María de Francisco (1997). Los miembros del Consejo de Hacienda (1722-1838) y organismos económico-monetarios. Madrid: Castellum. ISBN 84-605-6325-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]