José Hilario López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Hilario López
Josehilariolopez1.png
Nacemento18 de febreiro de 1798
 Popayán
Falecemento27 de novembro de 1869
 Neiva
NacionalidadeColombiana
Ocupaciónpolítico e diplomático
editar datos en Wikidata ]

José Hilario López Valdés, nado en Popayán o 18 de febreiro de 1798 e finado en Campoalegre o 27 de novembro de 1869, foi un militar e político colombiano, presidente da República entre 1849 e 1853.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Hilario López foi fillo de José Casimiro López Hurtado, oficial de cruzada, e de Rafaela Valdés y Fernández de Córdoba. Estudou en Popayán, baixo a tutela de José Félix Restrepo.

Tras a morte do seu pai, a súa nai toleou, polo que José Hilario e os seus irmáns quedaron ó coidado dun titor.[1]

Traxectoria político-militar[editar | editar a fonte]

A Gran Colombia[editar | editar a fonte]

Logo dos sucesos que seguiron á Conspiración Septembrina en 1828, na súa calidade de xefe do Estado Maior Xeneral e comandante xeral do departamento de Azuay, levantouse en armas contra o Libertador Simón Bolívar xunto co coronel José María Obando. En momentos nos que se iniciaron as hostilidades entre a Gran Colombia e o goberno do Perú a finais de decembro de 1828, Bolívar dirixiuse cara ó sur pola guerra co Perú e da rebelión de Obando e López. Alí buscou superar os obstáculos que o alzamento destes xefes lle colocaban para poder reunirse co mariscal Antonio José de Sucre e enfrontar a agresión exposta dende o Perú. Para o efecto, a finais de xaneiro de 1829 expediu un indulto en favor dos comprometidos no alzamento e enviou comisionados a Obando e a López con propostas para un convenio, que se concretou no tratado de Juanambú, asinado o 2 de marzo de 1829. Bolívar explicou ós rebeldes as razóns que tivo para descoñecer a Constitución de Cúcuta, despois do ocorrido en Venezuela co movemento separatista da Cosiata dirixido por José Antonio Páez.

Baixo o goberno militar do xeneral Rafael Urdaneta, en setembro de 1830, López e Obando rebeláronse novamente. Rapidamente a súa posición fortaleceuse. Logo de dominar o sur, unha vez tomado o control de Popayán, López avanzou até Tocaima, ante o cal Urdaneta propuxo o cesamento de hostilidades e, despois de negociacións, asinou o Convenio de Apulo, o 28 de abril de 1831.

República da Nova Granada[editar | editar a fonte]

Trala disolución da Gran Colombia, en 1832 durante o goberno de Francisco de Paula Santander, López foi nomeado xefe militar de Bogotá, e en 1834, gobernador de Cartaxena. Posteriormente ocupou as carteiras de Guerra e Mariña e foi embaixador ante a Santa Sé, secretario de Relacións Exteriores, conselleiro de Estado e senador.

Goberno[editar | editar a fonte]

O 7 de marzo de 1849 López foi elixido presidente da República, aproveitando a división dos conservadores e co apoio dos artesáns e as súas Sociedades Democráticas quen, segundo a versión conservadora, ameazaron de morte ós lexisladores que debían dirimir a elección, se non o elixían. Salvador Camacho Roldán, un mozo daquela, dedicou varios artigos a desmentir esa historia. O seu goberno distinguiuse por unha serie de reformas políticas, económicas e sociais: a Manumisión dos escravos, a lei agraria, a separación da Igrexa e o Estado, a liberdade de prensa e a federalización.

A resistencia contra a abolición da escravitude (especialmente no Cauca) provocou unha rebelión armada conservadora dirixida por Julio Arboleda Pombo, a cal foi derrotada por López. No sur os enfrontamentos foron particularmente violentos, en especial en Cali, onde o conflito entre os terratenentes e a poboación municipal arredor dos "ejidos2, era explosivo. A derrota escravista provocou en Valle del Cauca un alzamento dos antigos escravos e os campesiños, que aproveitaron para botar abaixo as cercas das facendas e azoutar ós seus antigos amos. O escándalo que isto provocou na prensa e os medios políticos foi contestado por López, quen afirmou que se trataba de retozos democráticos.

Durante a súa administración deuse vía libre ó proceso de disolución dos Resgardos Indíxenas, todas as prohibicións para a venda dos resgardos e axudou á política, a ter recursos políticos. A medida que foi a primeira que puxo en contradición a López coas Sociedades democráticas, beneficiou á elite agro exportadora, xa que favoreceu o desprazamento de man de obra indíxena cara ás áreas produtoras de tabaco, cuxo comercio fora sacado do monopolio estatal. Significou, igualmente, o aumento no prezo dos produtos agrícolas para o consumo interno, por canto boa parte da produción indíxena nos resgardos alimentara este mercado a baixos custos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "López, José Hilario". Consultado o 17 de agosto de 2016.