José García Buitrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José García Buitrón
Nacemento14 de xuño de 1945
 Toreno
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónmédico e político
editar datos en Wikidata ]

José Manuel García Buitrón, nado en Toreno (León) o 14 de xuño de 1945, é un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1969). Foi un dos creadores do Sindicato Galego de Sanidade. Foi director-xerente do Hospital Universitario da Coruña. Responsable da área de Sanidade de Podemos Galicia. Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado por En Marea pola provincia da Coruña e foi elixido senador.