José Gabeiras
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (mul) José Manuel Gabeiras Montero 1916 Ferrol |
| Morte | 2 de xaneiro de 2005 Madrid |
| 18 de maio de 1979 – 15 de xaneiro de 1982 ← Tomás de Liniers y Pidal (en) | |
| 23 de xullo de 1977 – 18 de maio de 1979 | |
| 5 de outubro de 1973 – ← Tomás de Liniers y Pidal (en) | |
| Datos persoais | |
| Educación | Academia de Artillaría de Segovia |
| Actividade | |
| Ocupación | militar |
| Período de actividade | 1936 |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Spanish Army Artillery Branch (en) |
| Rango militar | Tenente xeneral (1979–) xeneral de división (1976–) xeneral de brigada (1973–) |
| Participou no conflito | guerra civil española teatro de operacións de Europa Oriental da Segunda Guerra Mundial golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981 |
| Premios | |
José Gabeiras Montero, nado en Ferrol en 1916 e finado en Madrid o 2 de xaneiro de 2005, foi un militar español que ocupou o cargo de Xefe do Estado Maior do Exército entre 1979 e 1982.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Realizou os seus primeiros estudos na súa cidade natal, e posteriormente trasladouse a Santiago de Compostela, onde fixo os tres primeiros anos de Física e Química. Durante esta etapa, practicou varios deportes, chegando a formar parte da selección nacional de hóckey herba.
Carreira militar
[editar | editar a fonte]En 1934, ingresou na academia de Artillaría de Segovia, onde se graduou en 1936, coincidindo co comezo da guerra civil española.
No transcurso da guerra, ascendeu a tenente, participando co bando nacional. Tras o fin da contenda, enrolouse na División Azul, para loitar na segunda guerra mundial.
Posteriormente, desenvolveu sempre postos de importancia no exército. Foi o xefe do Rexemento de Artillaría nº 13 de Xetafe, profesor da Academia de Artillaría e profesor da Escola de Estado Maior, onde chegou a ser Xefe de Estudos. En 1977, xa coa Democracia, foi nomeado Secretario de Estado para Asuntos da Defensa, cargo que desempeñou, dende o seu papel de militar.
En 1973 foi nomeado Xeneral de Brigada, e ascendeu meteoricamente a Xeneral de División en 1976 co final da Ditadura do Xeneral Franco. O 18 de maio de 1979, foi nomeado tenente xeneral de artillaría, para ser nomeado Xefe do Estado Maior do Exército, cargo que desempeñaría ata 1984, onde pasou á reserva activa, pechando unha vida laboral entregada ao exército.
23-F
[editar | editar a fonte]A súa actuación profesional máis coñecida, é por ser a intelixencia de facto no errado golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 en España. O xeneral Gabeiras, xunto co rei Xoán Carlos I, o seu conselleiro, Sabino Fernández Campo, tamén xeneral do exército, e o Director da Seguridade do Estado naqueles tempos, Francisco Laína, foron os catro protagonistas que provocaron o fracaso golpista. Foi Gabeiras o encargado de recoller a rendición do tenente coronel Tejero, á porta do Congreso dos Deputados, asinando a xa famosa rendición do capó, chamada así por terse asinado sobre o capó dun vehículo militar, contendo as condicións da rendición dos máis de 200 gardas civís que retiveron o pleno do Congreso durante máis de vinte e catro horas.
Condecoracións e retirada
[editar | editar a fonte]En 1984, o rei Xoán Carlos I, impúxolle a medalla da Gran Cruz de Carlos III, polo seu desempeño exemplar en toda a súa carreira profesional. Ademais estaba en posesión da Gran Cruz da Orde do Mérito Militar, Gran Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenegildo e a Cruz Vermella do Mérito Militar.
En 2002 retirouse da súa vida pública e volveu á súa Galicia natal. Os últimos anos da súa vida pasounos na súa casa de Cervás, en Ares, na comarca de Ferrol, loitando por facer oír a voz dos veciños afectados pola localización dunha controvertida planta regasificadora na ría de Ferrol (REGANOSA) e fíxoo desde a presidencia de honra da plataforma veciñal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista, El Mundo (en castelán).
- Nova da súa morte, El Mundo (en castelán).
- "El general Gabeiras dice que «Reganosa no dispone de autorización alguna»". La Voz de Galicia. 9 de xullo de 2002. Arquivado dende o orixinal o 12/04/2013. Consultado o 10/10/2011.(en castelán).