José Ferreiro Pardiñas (concelleiro)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Ferreiro Pardiñas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1879 Editar o valor em Wikidata (144/145 anos)
Zas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Ferreiro Pardiñas, nado en Zas en 1879, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante de Izquierda Republicana. Concelleiro de Zas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e internado na prisión de Compostela. Xulgado en Compostela por rebelión con Jorge Varela Rial, Luís Cereijo Mosquera, Manuel Costa García, José Rodríguez Gómez e Manuel Díaz Mosquera o 19 de decembro[1], foi condenado a pena de morte. A sentenza foi conmutada por cadea perpetua. En xaneiro de 1938 foi xulgado na Audiencia Provincial da Coruña como depositario do concello, xunto co alcalde Jorge Varela Rial, acusados de apropiarse de 9.978,15 pesetas dos fondos municipais.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Eco de Santiago, 21-12-1936, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 28-1-1938, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]