José Fernando Carrillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Fernando Carrillo Ugarte")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Fernando Carrillo
JOSE FERNANDO-2011.jpg
Nacemento8 de marzo de 1949
 Lima
NacionalidadeEspaña e Perú
Ocupacióneducador e político
editar datos en Wikidata ]

José Fernando Carrillo Ugarte, nado en Lima o 8 de marzo de 1949, é un profesor e político galego de orixe peruana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no distrito de Lince, na cidade de Lima, en Perú. Fillo do avogado Eduardo Carrillo León e de Alicia Vitoria Ugarte del Pino. En 1978 casou en Fisterra con Josefa Lago Lizancos, coa que ten 3 fillos.

Logo de facer os estudos primarios e secundarios no colexio Marista "San Luis" de Barranco, en 1967 ingresou na Casa de Formación da Congregación dos Irmáns Maristas no distrito de Santa Eulalia. Trasladouse a Peñafiel (provincia de Valladolid) para facer o postulantado e noviciado, e regresou a Lima para seguir os estudos na Escola Normal Superior Marcelino Champagnat, obtendo o título de Profesor de Educación Secundaria en Relixión e Filosofía. Deu clase nos Colexios Champagnat de Chosica, San Luis de Barranco e San José do Callao, ademais de realizar estudos en Orientación do Educando e de Historia do Perú na Pontificia Universidade Católica do Perú (Inst. Riva Agüero).

En 1975 deixou a Congregación Marista. Trasladouse a Madrid un ano despois cunha bolsa do Instituto de Cultura Hispánica para facer o Curso de Innovación de Sistemas Educativos, outros cursos de formación do profesorado no ICE da Universidade Complutense de Madrid, obtendo, finalmente, o Título de Licenciado en Filosofía e Letras: Sección de Filosofía.

Xa en Fisterra, deu clase en Primaria e Secundaria no Colexio da Nosa Señora do Carme.

Política[editar | editar a fonte]

En 1988 foi elixido concelleiro en Fisterra polo CDS. En 1991 foi elixido alcalde co apoio do PP, pero 9 meses despois asinou un pacto coas forzas políticas entón na oposición (PSdeG e BNG), que pasaron a formar parte do novo goberno.

En 1995, pasou a ocupar o cargo de 1º Tenente Alcalde e responsable da área de Cultura e Deportes. Tralas eleccións de 1999 quedou como portavoz municipal do grupo do CDS, na oposición. En 2003 abandonou a política activa.

Escribiu numerosos artigos da historia de Fisterra e de análise política, que foron publicados nos diarios La Voz de Galicia e O Correo Galego.


Predecesor:
Valentín Castreje
 Fisterra.svg
Alcalde de Fisterra
 
1991 - 1995
Sucesor:
Ernesto Insua Olveira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]