José Fandiño Pidre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Fandiño Pidre

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 1902 Editar o valor em Wikidata
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (34 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Fandiño Pidre, nado en Moaña o 14 de xaneiro de 1902 e finado en Vigo o 31 de decembro de 1936, foi un industrial e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Nova York co seu pai. En 1935 e cos aforros da emigración decidiu quedar definitivamente, para montar un café económico na súa casa da Seara. Logo das eleccións de febreiro de 1936 que supuxeron a vitoria da Frente Popular foi restituída a corporación de elección popular de Moaña, pero foi destituída ao pouco tempo e nomeada unha xestora para a que foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 22 de marzo de 1936.[1]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 22 de xullo. Nun intento de salvar a vida, chegou a contribuír economicamente coa Falanxe de Moaña, pero finalmente foi detido e procesado por auxilio á rebelión. Foi condenado a pena de morte e fusilado en Vigo o 31 de decembro con Jesús Fervenza Pena, Jesús Vilariño Santomé e Fernando Lago Lago;[2] a súa casa foi embargada.


Predecesor:
José Romero Piñeiro
 
Alcalde de Moaña
 
1936
Sucesor:
José Carvajal Quiroga

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Compostelano, 26-3-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 1-1-1937, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • González Fernández, Xoán Miguel; Villaverde Román, Xosé Carlos (1999). Moaña nos anos vermellos. Conflictividade social e política nun concello agrario e mariñeiro (1930-1937). Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-928-8. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]