José Domínguez González (político)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Domínguez González»)
Infotaula de personaJosé Domínguez González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1895 Editar o valor em Wikidata
Corzáns, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de febreiro de 1937 Editar o valor em Wikidata (41/42 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Domínguez González, nado en Corzáns (Salvaterra de Miño) en 1895 e finado en Vigo o 24 de febreiro de 1937, foi un político galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou á Arxentina con 16 anos, e alí traballou de panadeiro e foi sindicalista. Participou na Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos e na Sociedade Nazonalista Pondal, e colaborou en Acción Gallega e A Fouce. Retornado a Salvaterra de Miño, na República foi concelleiro socialista e tenente alcalde.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao Comité de Defensa da República. Foi detido, xulgado en Vigo por rebelión militar e condenado á pena de morte. Antes da súa execución escribiu unha carta a Adela Melijosa Suárez e outras compañeiras presas.[2] Foi fusilado no castelo do Castro en Vigo ás once da mañá do 24 de febreiro de 1937, xunto con nove persoas máis.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]