José Cuenza Luna
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1891 O Pibidal |
| Morte | 11 de setembro de 1959 O Pibidal |
| Actividade | |
| Ocupación | médico |
José Cuenza Luna, nado no Pibidal (Fonteo, Baleira) cara a 1891 e finado no mesmo lugar o 11 de setembro de 1959, foi un médico galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Faustino Cuenza e Basilisa Luna, desenvolveu a súa profesión de médico no concello de Baleira. Foi acusado de ser propagandista de esquerdas e colaborar co seu coche de marca Nash Motors nas eleccións xerais de España de 1936, celebradas o 16 de febreiro. Tras o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 o Concello de Baleira requisoulle o seu coche o 31 de xullo,[1] e en 1941 incoáronlle expediente de responsabilidades políticas.[2] Finou no Pibidal o 11 de setembro de 1959 con 68 anos.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Estivo casado con Manuela Núñez Fernández, e foi pai de José Manuel e Gloria Cuenza Núñez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Baleira". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo (en castelán). 24 de setembro de 1936. p. 1.
- ↑ "Anuncio de incoación de expedientes de responsabilidades políticas". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo (en castelán). 14 de febreiro de 1941. p. 2.
- ↑ Necrolóxica en El Progreso, 12-9-1959, p. 5.