José Carlos González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Carlos González
Biografía
Nacemento27 de maio de 1937 Editar o valor em Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor em Wikidata
Morte2000 Editar o valor em Wikidata (62/63 anos)
Kerlaz, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata

José Carlos González Rodríguez, nado en Lisboa o 27 de maio de 1937 e finado no ano 2000, foi un poeta, escritor, tradutor e técnico da Biblioteca Nacional Portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de galegos emigrados, iniciou a súa carreira poética, sempre marcada polo surrealismo, aos vinte anos coa publicación de Poemas da noite nova. Estudou Dereito en Lisboa e Filoloxía Románica e Ciencias Políticas na Sorbona en París, onde tamén traballou de secretario dos herdeiros de Albert Camus.

Na Biblioteca Nacional Portuguesa tivo ao seu cargo os escritos que deixaran Raul Brandão, Vitorino Nemésio e Raul Proença ás súas mortes. Organizou, prefaciou e anotou as obras António Sérgio (Correspondência para Raul Proença, 1987) e Raul Proença (O Caso da Biblioteca, 1988), este en colaboración con Daniel Pires. Traduciu obras de Albert Camus, André Malraux, Marguerite Duras e Julien Green, entre outros. Colaborou en varios xornais e revistas, dos que destacan O Diário de Lisboa, A Capital, Colóquio/Letras e Vértice.

Está representado en varias antoloxías, como Antologia da Novíssima Poesia Portuguesa (1979), O Inverno na Poesia Portuguesa (1979) e Cem Sonetos Portugueses (2002).

Obra[editar | editar a fonte]

  • Poemas da Noite Nova (1957)
  • Naufrágio (1960)
  • Isis ou o Cérebro da Noite (1961)
  • A Recompensa da Palavra (1966)
  • Viagem contra o Silêncio (1977)
  • Lisboa e Outros Sapatos (1984)
  • Cartas de Mar e Ar (1984)
  • As Margens Mínimas, a Vida (1985)
  • Idos e Calendas (1986)
  • Clave de Sol (1988)
  • Canto do Corpo Navegante (1990)
  • 70 Poemas – Antologia (1992)
  • Fontefria (Crónicas da Infância e Juventude) (1993)
  • No Alambique Escondido (1996)
  • Odelegias (1997)
  • Fontefria (1999).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]