José Bullejos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Bullejos
José Bullejos Sánchez
Datos persoais
Nacemento 7 de decembro de 1899
Lugar Chauchina
Falecemento 1975
Organización Partido Comunista de España, Partido Socialista Obreiro Español

José Bullejos Sánchez, nado en Romilla (Chauchina, provincia de Granada) o 7 de decembro de 1899 e finado en México en maio de 1975, foi un político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro fundador do PCE, o cal dirixiu dende 1925 até a súa expulsión no 1932. Foi fundador do histórico xornal Mundo Obreiro. Nos anos previos á República e trala proclamación da mesma, vivíronse en España momentos de moita tensión revolucionaria. As forzas obreiras atopábanse divididas entre os anarquistas da CNT e os comunistas do PCE. Porén, eran os primeiros quen tiñan a maior influencia entre as clases traballadoras de España. Isto foi visto dende a Internacional Comunista, quen acababa de lanzar as políticas do Frente Popular, tralo auxe dos Fascismos (goberno de Mussolini en Italia) e o apabullante ascenso do nazismo nas eleccións de 1929 en Alemaña). José Bullejos opúxose primeiramente a esta política o que lle valeu a súa expulsión, sendo substituído por José Díaz e afiliándose el ao PSOE

Trala Guerra Civil exiliouse en México, onde se dedicou a escribir.

Predecesor:
Antonio García Quejido
Logotipopce.svg
Secretario Xeral do PCE

1925 - 1932
Sucesor:
José Díaz Ramos

Obras[editar | editar a fonte]

  • Europa entre dúas guerras (Ed. Castilla, México 1944).
  • España na segunda República (Ed. Impresiones Modernas, México 1967).
  • A Comintern en España: lembranzas da miña vida (Ed. Impresiones Modernas, México 1972).