Saltar ao contido

José Botana Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Botana Vázquez
Nome orixinalJosé Manuel Botana Vázquez
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Período de actividade1985 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol sala Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPosicións no fútbol#Defensa


Jose Manuel Botana Vázquez, nado en Caracas o 24 de xaneiro de 1974, é un ex xogador de fútbol e fútbol sala venezolano, de orixe galega.

Debutou como profesional no fútbol, xogando no Hermandad Gallega e en 1993 pasou ao fútbol sala. Xogaba de á e foi un dos membros da selección venezolana alcumados "os heroes do 97", por teren conquistado o título de campións do mundo da AMF en 1997 en México.

Dende 2021 adestra a selección panameña de fútbol sala.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No fútbol

[editar | editar a fonte]

Fillo de emigrantes galegos en Venezuela, comezou a xogar ao fútbol sala no colexio Fray Luis de León.[1] Continuou logo no Hermandad Gallega Fútbol Club, onde xogaba ao fútbol e ao fútbol sala. Debutou profesionalmente co equipo de fútbol en 1985 con só 16 anos de idade, xogando como defensa central e centrocampista defensivo. Tivo un breve paso polo Betanzos, da Terceira División española.

No fútbol sala

[editar | editar a fonte]

A partir de 1993 centrouse no fútbol sala, sendo fichado polo equipo Diablos de Miranda FS, da Liga Superior de Fútbol Sala de Venezuela. Xogou en varios equipos venezolanos, e tras a desaparición da liga de fútbol profesional en Venezuela, volveu aos terreos de xogo do fútbol profesional venezolano nas filas do Deportivo Galicia, equipo que daquela xogaba na Primeira División de Venezuela. Xogou logo en Italia, no Ariccia Colleferro, e en dous equipos galegos, O Parrulo e o Vefa Mera.

Selección venezolana

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección venezolana en 43 ocasións, e anotou 25 goles. En 1997 formou parte do equipo que conquistou o Campionato Mundial da AMF en México.[2]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Comezou despois unha carreira como adestrador, dirixindo as categorías inferiores do Hermandad Gallega venezolano e do Imperátor da Coruña.[3] Posteriormente exerceu na República Dominicana, onde adestrou o Santo Domingo FS e o Inter RD FS Santo Domingo.

En xaneiro de 2021 converteuse no adestrador da selección panameña de fútbol sala.[3]

  1. "José Manuel Botana un futbolista ambivalente que termino siendo Campeón mundial de Fútsal" (en castelán). 11 de marzo de 2021. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  2. "Venezuela: 20 años del campeonato Mundial de Fútbol de Salón" (en castelán). 8 de agosto de 2017. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "José Botana, nuevo DT de la selección nacional de futsal" (en castelán). 13 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de abril de 2021.