José Bóveda Formigo
José Bóveda Formigo | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Ventosela | |
Falecemento | 2007 |
Ventosela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | sindicalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
José Bóveda Formigo, coñecido como Pepe Bóveda, nado en Ventosela (Ribadavia) e finado na mesma parroquia en 2007, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
A comezos da Segunda República fundou a CNT do Ribeiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua. Trasladado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristóbal de Pamplona, participou na fuga do 22 de maio de 1938, xunto con outros 1 085 presos; pero foi detido. Foi condenado a 17 anos máis de cadea. Revisada a súa condena, saíu á rúa en setembro de 1945 e regresou de a Ribadavia. Pola presión dos fascistas locais, tivo que emigrar a Barcelona en 1947.
En 2002 recibiu unha homenaxe dos Amigos da República de Ourense.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Pilar Feijóo-Montenegro en 1957.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Amigos da República honran ó fundador da CNT no Ribeiro", La Voz de Galicia, 13-3-2002, p. 10.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Homenaxe a un loitador republicano
- José Bóveda Formigo na páxina web Nomes e Voces.