Saltar ao contido

José Artigas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Artigas

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1764 Editar o valor en Wikidata
Montevideo Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1850 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Paraguai Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaArtigas Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, oficial Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeProvincias Unidas do Río da Prata Editar o valor en Wikidata
Rango militarxeneral Editar o valor en Wikidata
Participou no conflitoguerras de independencia hispanoamericanas
Batalha de Carumbé (pt) Traducir
Battle of Arapey (en) Traducir
Batalha de Las Piedras (1811) (pt) Traducir
Invasões Britânicas (pt) Traducir
Primeira campanha cisplatina (pt) Traducir
Guerra contra Artigas (pt) Traducir
Guerras Civis Argentinas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMelchora Cuenca (1815–)
Rafaela Villagrán (1805–1810)
Rosalía Rafaela Villagrán Editar o valor en Wikidata
ParellaIsabel Sánchez Velásquez
Clara Gómez Alonso Editar o valor en Wikidata
NaiFrancisca Antonia Arnal Editar o valor en Wikidata
IrmánsManuel Francisco Artigas Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Артигас Хосе Хервасио)
Enciclopedia soviética armenia, volume 2, (p.148) Editar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 79045 BNE: XX838853 WikiTree: Artigas-9 Find a Grave: 13908877 Editar o valor en Wikidata

José Gervasio Artigas, nado en Montevideo, Vicerreinado do Perú, o 19 de xuño de 1764 e finado en Quinta Ybyray, Asunción do Paraguai, o 23 de setembro de 1850, foi un político, militar e estadista riopratense que liderou a Revolución Oriental, actuou durante a Guerra da Independencia das Provincias Unidas do Río da Prata e destacouse por ser o heraldo do federalismo no que hoxe son Uruguai e Arxentina.

Recibiu os títulos de «Jefe de los Orientales» e «Protector de los Pueblos Libres».[1][2]

Polas súas actuacións, é lembrado en ambas as marxes do Río da Prata. En Uruguai é o heroe nacional e o máximo prócer do proceso independentista, e é considerado o Pai da Patria. Na Arxentina houbo un proceso de revisionismo sobre a figura de Artigas, a partir do cal se lle recoñece tamén como prócer da independencia nacional.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

José Artigas tivo unha actuación destacada nas Guerras de independencia hispanoamericanas e no predominio das ideas republicanas sobre as monárquicas. Loitou sucesivamente contra o Imperio español e o Reino Unido de Portugal, Brasil e Algarve e contra os unitarios das Provincias Unidas do Río da Prata, tanto de Buenos Aires como de Montevideo.

Primeiro monumento erixido en honra a José Artigas, San José de Mayo, Uruguai.

Artigas era oriental, entendéndose como tal ao habitante da Banda Oriental das Provincias Unidas do Río da Prata, composta polo que actualmente é Uruguai e por parte do actual estado brasileiro de Río Grande do Sur. De maneira directa, as súas loitas orientáronse á conformación da liga Federal, organizada estritamente sobre os principios da república e do federalismo. Á liga Federal uníronse, ademais da Provincia Oriental, as provincias de Córdoba, Correntes, Entre Ríos, Santa Fe e os pobos de Misións baixo o control de Andresito Guazurarí, todas elas parte actual da República Arxentina, por entón as Provincias Unidas do Río da Prata.

A súa defensa da autonomía federal das provincias contribuíu de maneira indirecta á independencia de España dos territorios que conformaron a liga Federal. En 1828, ao concluír a Guerra do Brasil, parte da Provincia Oriental —o norte mantívose en poder brasileiro— transformouse nun estado independente do resto das provincias arxentinas xurdindo o Estado Oriental do Uruguai. É dicir que Artigas xamais considerou á Banda Oriental como país independente, nin nunca a chamou Uruguai.[5]

  1. Gran Diccionario Enciclopédico Ilustrado de Nuestro Tiempo. España: Hostos. abril de 1977. p. 127.
  2. s/d, 1811-2011.edu.uy. "Asamblea de la Quinta de la Paraguaya". Consultado o 02/05/2024.
  3. José María Rosa (1964). El Revisionismo Responde (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 17 de abril de 2026.
  4. "JOSÉ MARIA ROSA y el REVISIONISMO de AYER y de HOY". pachoodonnell.com.ar (en castelán).
  5. Gabriel Quirici (2017-07-27). "Historia del Uruguay".

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.