José Arnaiz
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) José Manuel Arnaiz Díaz 15 de abril de 1995 Talavera de la Reina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 172 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 70 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2013 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
José Manuel Arnaiz Díaz, nado en Talavera de la Reina o 15 de abril de 1995, é un futbolista español que xoga como extremo no Granada, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Talavera de la Reina, debutou na Terceira División aos 18 anos nas filas da UD Talavera. En maio de 201, fichou polo equipo xuvenil do Real Valladolid. O 7 de novembro de 2015, despois de xogar regularmente co filial valisoletano, debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido ante o Leganés.[1] O 8 de xuño seguinte, despois de marcar 11 goles na tempada anterior, renovou o seu contrato ata 2019 e ascendeu definitivamente ao primeiro equipo.
O 25 de agosto de 2017 asinou polo FC Barcelona B, tamén de Segunda.[2] O 24 de outubro de 2017 debutou co primeiro equipo do Barcelona nunha vitoria por 0-3 contra o Real Murcia na Copa do Rei, marcando un dos goles do seu equipo.[3] Marcou tres goles ao longo de dita competición, necesitando só tres disparos para conseguilo.[4]
Debutou na Primeira División o 7 de xaneiro de 2018, substituíndo a Sergi Roberto nunha vitoria por 3-0 contra o Levante.[5]
Posteriormente pasou polas filas do Leganés e de Osasuna, antes de recalar en 2025 no Granada.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Serantes y Szymanowski amargan al Valladolid" (en castelán). 7 de novembro de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2026.
- ↑ "Jose Arnaiz apuntala el ataque del Barça B" (en castelán). 28 de agosto de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2026.
- ↑ "Barca B teamer Jose Arnaiz thrilled with goal in 'dream' first-team debut" (en inglés). 24 de outubro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2026.
- ↑ "Arnaiz, efectivo 100%: ¡tres goles con el Barcelona en tres remates a puerta!" (en castelán). 4 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2026.
- ↑ "Jose Arnaiz debuta en Primera División" (en castelán). 7 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2026.