José Antonio de Lorenzo
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (es) José Antonio de Lorenzo Pardo 1954 A Coruña |
| Actividade | |
| Ocupación | catedrático, político |
| Partido político | Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía |
José Antonio de Lorenzo Pardo, nado na Coruña en 1954, é un sindicalista, profesor, divulgador científico e político galego de Ciudadanos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou física nas universidades de Santiago de Compostela e Sevilla.[Cómpre clarificar] Exerceu de profesor en Cataluña e Galicia e formou parte das executivas da federación do ensino de Comisións Obreiras de Cataluña e da española. É profesor de física e química no IES Salvador de Madariaga. Foi candidato á alcaldía da Coruña por Unión Progreso y Democracia nas eleccións municipais de 2011 e a deputado nas eleccións xerais de 2011. En 2014 foi elixido como Coordinador Territorial de UPyD en Galicia[1] posto que abandonou xunto con parte da dirección galega e integrándose como tránsfuga en Ciudadanos.[2] Como divulgador científico publicou La revolución del metro (1998).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "UPyD renova a súa dirección en Galicia. Galicia Confidencial, 4 de febreiro de 2014". Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2014. Consultado o 26 de abril de 2014.
- ↑ "Ocho agrupaciones locales de UPyD inician su marcha a Ciudadanos".