José Antonio Vázquez Taín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antonio Vázquez Taín
Nome completoJosé Antonio Vázquez Taín
Nacemento1968
 A Merca
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxuíz e escritor
editar datos en Wikidata ]

Jose Antonio Vázquez Taín, nado na Merca en 1968, é un xuíz galego, un dos máis populares, recibindo alcumes coma "o Garzón galego" ou "o Robin Hood de Vilagarcía".[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A infancia e mocidade pasounas na cidade de Ourense, no barrio das Lagoas. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Destinado en 1999 ao Xulgado de Instrución n.º 1 de Vilagarcía de Arousa, converteuse no perseguidor no narcotráfico.[2]

Entre os seus éxitos está a captura en 2003 do maior alixo de cocaína do século en Galicia, de arredor de sete toneladas, a bordo do South Sea.[3][4] Nos anos 2011 e 2012 levou o caso do roubo e posterior recuperación do Códice Calixtino.

En xaneiro de 2013 publicou a súa primeira novela A lenda do santo oculto[5], en xullo actuou como maxistrado de reforzo no caso do accidente ferroviario de Angrois[6] e en setembro fíxose cargo do caso Asunta Basterra.

En 2019 absolveu a un Garda Civil de Betanzos de non prestar axuda a unha muller ameazada polo seu ex marido que horas despois matou ao seu fillo de 14 meses facendo estalar unha bomba de gas no interior do seu coche en Paderne.[7]

Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]

  • A lenda do santo oculto, 2013, Teófilo Comunicación.
  • Al infierno se llega deprisa, 2014, Espasa.
  • Matar no es fácil, 2015, Espasa.
  • El mar sin fondo, 2016, Espasa.
  • Grandes juicios de la historia, 2018, Espasa.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. Vol. X. (2007).

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]