Xosé Antonio Sánchez Bugallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Antonio Sánchez Bugallo»)
Infotaula de personaXosé Antonio Sánchez Bugallo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento31 de xaneiro de 1954 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Teixeiro, España Editar o valor em Wikidata
Concelleiro do Concello de Santiago de Compostela
15 de xuño de 2019 –
Alcalde de Santiago de Compostela
15 de xuño de 2019 – 17 de xuño de 2023
← Martiño NoriegaGoretti Sanmartín →
Deputado do Parlamento de Galicia
15 de novembro de 2012 – 21 de outubro de 2016
Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña
Alcalde de Santiago de Compostela
1999 – 2011
← Xerardo EstévezGerardo Conde Roa →
Concelleiro do Concello de Santiago de Compostela
23 de xuño de 1987 – 15 de novembro de 2012 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

Xosé Antonio Sánchez Bugallo, nado o 31 de xaneiro de 1954 en Teixeiro (Curtis), é un político galego do PSdeG-PSOE.

Carreira política[editar | editar a fonte]

Chegou a Santiago de Compostela en 1981, e en 1983 comezou a súa vida política como xefe de gabinete do alcalde socialista naquel momento, Xerardo Estévez. Nas eleccións municipais de 1987 saíu elixido concelleiro, e desde entón ata 1998 asumiu diferentes delegacións municipais como Deportes, Relacións Veciñais, Tráfico e Seguridade Cidadá, Persoal e Réxime Interior, ademais da portavocía do seu grupo. Entre 1991 e 1999 foi deputado na Deputación da Coruña, exercendo como vicepresidente entre 1991 e 1995, á fronte das áreas de Persoal e Réxime Interno.

Accedeu á Alcaldía en 1998, despois da renuncia de Xerardo Estévez. Nas eleccións municipais de 1999, 2003 e 2007 conservou a alcaldía mediante un goberno de coalición co BNG. Porén, nas eleccións municipais de maio de 2011 o conservador Gerardo Conde Roa obtivo maioría e acadou a alcaldía.

Foi nas listas do PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas de 2012, e saíu elixido deputado. Como parlamentario presidiu a Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos; e foi portavoz da Comisión de Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda. En 2015 ocupou simbolicamente o derradeiro posto na lista do seu partido, que desta volta presentaba a Francisco Reyes como candidato. Encabezou de novo as listas do seu partido nas eleccións municipais de 2019, pasando a gobernar con maioría simple tras acadar dez concelleiros, substituíndo na alcaldía a Martiño Noriega.[1] En 2023 perdeu a alcaldía, que pasou a mans da nacionalista Goretti Sanmartín, renunciando como concelleiro. Presentouse como candidato socialista ao Senado nas eleccións xerais de España de 2023 e foi elixido senador.

Resultados electorais

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Dende 1999, foi membro do Consello de Administración da Organización de Cidades Patrimonio Mundial (OCPM), presidente da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Santiago de Compostela que abrangue os municipios de Ames, Brión, Boqueixón, Teo, Val do Dubra e Santiago de Compostela, e desde maio do 2005 presidiu a Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, organismo internacional formado por cinco cidades británicas, trece do Estado español, seis portuguesas, unha irlandesa e nove francesas.


Predecesor:
Xerardo Estévez
 
Alcalde de Santiago
 
1998 - 2011
Sucesor:
Gerardo Conde Roa
Predecesor:
Martiño Noriega
 
Alcalde de Santiago
 
2019 - 2023
Sucesor:
Goretti Sanmartín

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]