José Antonio Rueda Crespo
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de marzo de 1938 Xaén, España |
| Morte | 27 de xaneiro de 2012 Pontevedra, España |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Cónxuxe | Dolores de Valenzuela Lopez-Montenegro |
| Fillos | Alfonso Rueda |
| Pai | Antonio Rueda Muñiz |
José Antonio Rueda Crespo, nado en Xaén o 9 de marzo de 1938 e finado en Pontevedra o 27 de xaneiro de 2012, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Antonio Rueda Muñiz. Enxeñeiro agrónomo de profesión, foi Xefe provincial do Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario en Pontevedra. Foi concelleiro no concello de Silleda de 1983 a 1987, e neses anos foi deputado provincial e Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra. Foi senador electo por Pontevedra na II e III lexislatura (1982-1989) por Alianza Popular. Posteriormente foi nomeado Xefe do Servizo de Costas de Pontevedra.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Dolores de Valenzuela López-Montenegro, e foi pai de María, Alfonso, Marta e José Antonio Rueda Valenzuela.