José Antonio Pérez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

José Antonio Pérez Rodríguez, nado en Ferrol o 13 de xullo de 1919 e finado en Madrid o 21 de xullo de 1978, foi un militar galego, asasinado por ETA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alistouse como voluntario na infantería da Mariña Española en 1937, no bando nacional. Ascendeu a tenente de Artillería en 1947, a capitán en 1959 e posteriormente ao grao de comandante en 1961. En 1974 conseguiu o grao de tenente coronel.

Polo seu traballo era asistente do xeneral de brigada Juan Manuel Sánchez-Ramos Izquierdo. Tanto el como o xeneral de brigada foron tiroteados á porta da casa deste, na rúa Bristol do nordeste da cidade de Madrid, por dúas persoas. Anos despois, foi detido e condenado un home polo crime.

Galardóns e condecoracións[editar | editar a fonte]