Antonio Muñiz Álvarez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Antonio Muñiz Álvarez»)
Infotaula de personaAntonio Muñiz Álvarez
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1883 Editar o valor em Wikidata
Vilar, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio Muñiz Álvarez, nado en Vilar (Negueira de Muñiz) o 18 de agosto de 1883 e finado en Lugo o 3 de xaneiro de 1956, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Emigrou a Cuba, dende onde marchou a Francia anos máis tarde. En 1923 regresou á súa vila natal. Entre 1923 e 1925 agrupou aos veciños do val de Negueira en sociedades agrarias a modo de cooperativas e creou varios colexios, impulsando a cultura para que os nenos non quedaran analfabetos. Foi secretario da Federación Agraria Liga Provincial Agraria de Lugo (1923) e presidente da Federación de Sociedades y Sindicatos Agrícolas del distrito de Fonsagrada (1927-1933).

Logrou a constitución en concello de seis freguesías que pertencían á Fonsagrada (Río de Porto, Negueira, Ernes, Ouviaño, Barcela e Marentes), pasando a chamarse Concello Constitucional de Negueira. En 1929 por Real Orde, concedeuse o cambio de nome de Negueira polo de Negueira de Muñiz.

Na Segunda República continuou coa súa actividade como líder agrario, foi proclamado candidato da esquerda agraria independente para as eleccións de novembro de 1933 e despois estivo afiliado a Izquierda Republicana. Foi recadador de contribucións da Deputación Provincial. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de xullo e encarcerado, foi condenado e as súas propiedades confiscadas. Saíu da prisión o 14 de xuño de 1942 e casou en xullo con Estrella Méndez Campa. Instalouse en Lugo, onde morreu anos despois.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]