José Antonio Franco Taboada
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de xullo de 1944 A Coruña |
| Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
| Actividade | |
| Ocupación | arquitecto |
| Empregador | Universidade da Coruña |
| Membro de | |
| Obra | |
| Doutorando | Pablo Costa Buján |
José Antonio Franco Taboada, nado na Coruña o 25 de xullo de 1944 é un arquitecto, profesor e escritor galego[1].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de Arquitecto en 1969 pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Foi director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña dende a súa fundación no ano 1975 ata o ano 1986. É director do Departamento de Representación e Teoría Arquitectonicas da Universidade da Coruña dende a súa creación.

Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Torre Costa Rica, ou Edificio Hercón da Coruña (1973-1975).
- Pavillón de Galicia na Exposición Universal de Sevilla de 1992[2].
- Centro cívico e cultural en Arteixo (1997-1999)[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Galegos.ingo
- ↑ Pavillón de Galicia Arquivado 05 de outubro de 2013 en Wayback Machine., www.expo92.es.
- ↑ COAG Arquivado 28 de decembro de 2009 en Wayback Machine. Obradoiro, COAG, 2000, Santiago de Compostela, nº28, pp. 58-63. ISSN: 0211-6065.