José Antonio Ferreiro González (policía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Antonio Ferreiro González
Biografía
Nacemento1952 Editar o valor em Wikidata
O Valadouro, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de setembro de 1978 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Antonio Ferreiro González, nado no Valadouro en 1952 e finado en Gasteiz o 23 de setembro de 1978, foi un policía galego asasinado por ETA.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

José Antonio Ferreiro era membro da Policía Armada, un extinto corpo policial español. Destinado en Gasteiz, o 23 de setembro de 1978 recibiron na súa comisaría unha chamada avisando de que había un home atado a un poste, nas aforas da cidade, cunha bomba no peito. Cando cinco policías se presentaron no sitio, preto do lugar de Argandoña, non había ninguén, pero estourou unha bomba. Como resultado da explosión, catro policías foron feridos e Ferreiro faleceu no acto.

Galardóns[editar | editar a fonte]

  • Cruz da Garda Civil con distintivo vermello
  • Medalla de Ouro ao mérito policial
  • Unha rúa no Valadouro leva o seu nome