José Antonio Cortés Carretero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Antonio Cortés Carretero
Información persoal
Nacemento 27 de xuño de 1960
  Madrid
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

José Antonio Cortés Carretero, nado o 27 de xuño de 1960 en Madrid é un ex-futbolista que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Debutou profesionalmente no Pontevedra CF, fichando en 1983 polo Celta de Vigo recentemente descendido a Segunda División Española, debutou o 4 de setembro de 1983. Permanece no Celta tres tempadas, a última delas en Primeira División, sendo o máximo goleador do equipo na tempada 1984/85 con nove tantos.

A tempada 1985/86 remata cun novo descenso e Cortés rescinde o seu contrato co Celta e ficha polo Hércules CF e polo Xerez CD ao ano seguinte.

En 1988 ficha polo CD Ourense, en Segunda División B. Entre os anos 1991 e 1993 militou no SD Compostela en Segunda División.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ficha en Bdfutbol