José Andrés
![]() (2011) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Ramón Andrés Puerta ![]() 13 de xullo de 1969 ![]() Mieres (España) ![]() |
Residencia | Washington, D.C. ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Cor dos ollos | Azul ![]() |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión (2005–2007), chef, cociñeiro ![]() |
Empregador | Universidade Harvard (2010–) ![]() |
Participou en | |
20 de xaneiro de 2020 | Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020 ![]() |
Premios | |
| |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
José Ramón Andrés Puerta, máis coñecido como José Andrés, nado en Mieres, Asturias o 13 de xullo de 1969 é un chef e restaurador hispano-americano, con nacionalidade estadounidense.[1] É profesor e fundador do Global Food Institute da George Washington University.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]A familia de Andrés trasladouse a Cataluña cando tiña 6 anos. Estudou nunha escola de cociña de Barcelona aos 15 anos. Cando necesitaba completar o servizo militar español aos 18 anos, encargáronlle cociñar para un almirante do buque-escola Juan Sebastián Elcano.[3]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Andrés coñeceu ó Ferran Adrià en Barcelona, e traballou tres anos en El Bulli, de 1988 a 1990.[4] En decembro de 1990, foi despedido por Adrià e decidiu mudarse aos EUA.[5]
Dise que popularizou o concepto tapas nos Estados Unidos.[6]
World Central Kitchen
[editar | editar a fonte]Andrés é o fundador de World Central Kitchen (WCK), unha organización sen ánimo de lucro centrada en dar comidas despois de desastres naturais.[7] A WCK recadou cerca de 280 millóns de dólares entre 2019 e 2020. En 2022, WCK recibiu 519 millóns de dólares entre subvencións e doazóns.[8]
Andrés dirixe as operacións de WCK coa axuda de ~200 devotos colegas incluído Sam Bloch.[9][10]
En resposta ao terremoto de Haití de 2010, Andrés proporcionou pratos de cociña local para reconfortar as persoas afectadas.[11] Desde a súa fundación, a ONG organizou comidas en varios países de Hispanoamérica e África[12] e na fronteira polaca con Ucraína.[13] Axudou durante a pandemia de COVID-19 e proporcionou axuda e comidas nos EUA e Porto Rico.
Honras
[editar | editar a fonte]Recibiu unha Medalla Nacional de Humanidades en 2015 nunha cerimonia presidida por Barack Obama na Casa Branca en 2016 polo seu traballo con World Central Kitchen[14] e o premio Princesa de Asturias da Concordia en 2021. Nese mesmo ano, Jeff Bezos, propietario de The Washington Post e Amazon, entregoulle a Andrés 100 millóns de dólares a través do seu Courage and Civility Award.[15]
Posicións políticas
[editar | editar a fonte]En 2015, Andrés planeaba abrir un restaurante no Trump International Hotel en Washington, D.C. Despois de que Donald Trump fixera comentarios despectivos sobre os inmigrantes mexicanos, Andrés retirouse do contrato con The Trump Organization, que o denunciou. Andrés presentou unha contra-demanda e as partes chegaron a un acordo en abril de 2017. O hotel de Trump pechou, foi vendido a CGI Merchant Group, e reaberto en 2022.[16] [17] Andrés anunciou que volvería alí para abrir o restaurante Bazaar, planeado no acordo de 2015 e inaugurado en 2023.[18]
O 1 de abril de 2024, sete traballadores da WCK en Gaza morreron por varios ataques aéreos militares israelís na cidade de Deir al-Balah.[19] Andrés, que previamente xustificara a resposta israelí aos atentados de Hamas, rexeitou as afirmacións de que o ataque non fora deliberado. Andrés afirmou que os sete traballadores foran "obxectivos asasinados sistematicamente, coche a coche". A guerra en Gaza, dixo, "xa non é unha guerra contra o terrorismo" senón unha "guerra contra a propia humanidade".[20]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Andrés está casado con Patricia "Tichi" Fernández de la Cruz e ten tres fillas.[21] Viven en Bethesda, Maryland.[22] [23] [24] Coñeceu á súa muller mentres ambos vivían en Washington, D.C.[25] Fíxose cidadán naturalizado dos Estados Unidos en decembro de 2013.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guolo, Andrea (2022-07-19). "Principe Harry: chi è José Andrés, lo chef del discorso all'Onu che sogna di sfamare il mondo. Licenziato da Adrià, nemico di Trump, candidato al Nobel". Vogue Italia (en italiano). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "GW and José Andrés Partner to Lead the World in Delivering Food Systems Solutions through Global Food Institute". The George Washington University; GW Today (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "José Andrés". National Endowment for the Humanities (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ designthemes. "All about Chef José Andrés - ExploreLasVegas.com" (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ Andrés, José (2011-10-02). "Jose Andres on Getting Fired From El Bulli". Newsweek (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ McLaughlin, Katy (2009-12-10). "How the Bazaar by Jose Andres Is Changing Restaurants". Wall Street Journal (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ Burton, Monica (2024-03-18). "The Story Behind the José Andrés Nonprofit Currently Mobilized to Feed Gaza". Eater (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "How José Andrés and His Corps of Cooks Became Leaders in Disaster Aid" (en inglés). 2024-04-02. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "WCK". linkedin.com.
- ↑ "WCK; Team". World Central Kitchen (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "WCK serves 55k meals". malibusurfsidenews.com (en inglés).
- ↑ Burton, Monica (2024-03-18). "The Story Behind the José Andrés Nonprofit Currently Mobilized to Feed Gaza". Eater (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "Chef José Andrés and World Central Kitchen help feed refugees in Ukraine: 'We must come together'". ABC7 Los Angeles (en inglés). 2022-02-27. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "President Obama to Award 2015 National Humanities Medals". National Endowment for the Humanities (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "How José Andrés and His Corps of Cooks Became Leaders in Disaster Aid" (en inglés). 2024-04-02. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "Trump International Hotel Washington D.C. to Be Renamed and Branded As a Waldorf Astoria Hotel". www.hotelnewsresource.com. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "Trump Completes Sale of Washington Hotel to Investor Group (Published 2022)" (en inglés). 2022-05-11. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ Plumb, Tierney (2023-02-08). "The Bazaar by José Andrés Debuts Downtown With a Parade of Avant-Garde Delights". Eater DC (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "'Unforgivable': IDF opens probe after seven aid workers killed in central Gaza". The Jerusalem Post (en inglés). 2024-04-02. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ Guy, Zoe (2024-04-04). "Chef José Andrés Says Israel Targeted His Aid Workers ‘Deliberately’". Vulture (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "Biografía de José Andrés (Su vida, historia, bio resumida)". www.buscabiografias.com. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ "How-chef-Jose-Andres-turns-impulsiveness-into-an-asset" (en inglés).
- ↑ "Where Chef José Andrés Kicks Back". Wall Street Journal (en inglés). 2010-12-10. ISSN 0099-9660. Consultado o 2024-12-25.
- ↑ Sugarman, Carole (2019-05-20). "Interview: José Andrés and Patricia Fernandez de la Cruz". MoCo360 (en inglés). Consultado o 2024-12-25.
- ↑ Gray, Todd; Gray, Ellen Kassoff (2013-03-05). The New Jewish Table: Modern Seasonal Recipes for Traditional Dishes (en inglés). St. Martin's Press. ISBN 978-1-4668-3253-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Andrés ![]() |