Alfredo Bea Gondar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "José Alfredo Bea Gondar")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alfredo Bea Gondar
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosAlfredo Bea
editar datos en Wikidata ]

José Alfredo Bea Gondar é un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi un dos homes fortes de UCD na provincia de Pontevedra, alcalde do Grove durante a última etapa do franquismo [1]. Nas municipais de 1983 foi elixido alcalde do Grove por Convergencia de Independientes de Galicia, pero pasouse pouco despois con todos os concelleiros a AP[2] Porén, unha moción de censura encabezada por Luís Caamaño Prol (elixido nas listas de AP pero abandoandoa trala entrada de Bea Gondar na formación) desprazouno da alcaldía en abril de 1985. Volveu ser elixido alcalde do Grove en 1991 como cabeza de lista da Agrupación Vecinal Independiente (AVI), pero non chegou a tomar posesión[3], pois foi destituído o 20 de xuño de 1991 logo de ser encarcerado pola súa presunta relación cun alixo de cocaína[4]. Foi condenado por un delito de branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico en 2005.

En 2018 denunciou o xornalista Nacho Carretero Pou por suposta vulneración do seu dereito á honra ao ser mencionado no libro Fariña (Libros del KO, 2015)[5].


Predecesor:
José Lores González
 Escudo O Grove.svg
Alcalde do Grove
 
1975 - 1979
Sucesor:
Xaquín Álvarez Corbacho
Predecesor:
José María Mourelos Muñiz
 Escudo O Grove.svg
Alcalde do Grove
 
1983 - 1985
Sucesor:
Luis Caamaño Prol

É pai do tamén concelleiro no Grove Alfredo Bea

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Entrevista a Alfredo Bea Gondar en Faro de Vigo, 1 de febreiro de 1979. Na web da Asociación pola Memoria Histórica do Grove.
  2. "O Grove, un ayuntamiento conflictivo que no celebra plenos ni reuniones desde hace más de ocho meses", María José Porteiro en El País, 31 de agosto de 1984 (en castelán).
  3. "La Audiencia Nacional deberá explicar si Bea Gondar pidió permiso para salir de la cárcel", Xosé Hermida en El País, 20 de xuño de 1991 (en castelán).
  4. "Destituido como alcalde de O Grove Bea Gondar, acusado de narcotráfico", Xosé Hermida en El País, 20 de xuño de 1991 (en castelán).
  5. "Unha xuíza ordena o secuestro do libro "Fariña" a petición dun ex alcalde do Grove", Pontevedra Viva, 21 de febreiro de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]