José Alemañy Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Alemañy Menéndez
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte2002 Editar o valor em Wikidata (91/92 anos)
Avilés, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesPepín Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeCuba
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Alemañy Menéndez, coñecido como Pepín, nado en Santiago de Cuba en 1910 e finado en Avilés en 2002, foi un político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De ascendencia ourensán, aos cinco anos regresou a Galicia e foi criado en Vigo onde estudou comercio. Colaborou co misioneiro anglicano Edmundo Woodfor. Militante do Partido Comunista, cando se produciu a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba en Asturias. Encargouse con Luís Soto de organizar un grupo armado que intentou infrutuosamente regresar a Galicia para artellar os grupos de fuxidos. Combateu na fronte de Asturias, onde alcanzou o grao de capitán. Exiliouse en Francia e despois o seu pasaporte cubano permitiulle asentarse en Camagüey e logo na Habana. Foi unha das figuras da Revolución castrista. Encargouse da dirección de hoteis e de cadeas de cine. Regresou do exilio en 1994 e instalouse en Avilés onde morreu en 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Galicia Hoxe, ed. (2005). Trasterrados. Dicionario do exilio galego. Santiago de Compostela. ISBN 84-8064-151-7. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]