José Abeijón Sánchez
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de novembro de 1913 Ordes |
| Morte | 10 de xuño de 1972 Negreira |
| 6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971 Lexislatura: IX lexislatura das Cortes franquistas | |
| 1942 – 1967 ← Antonio Queiruga Fernández – Antonio García Abeijón → | |
| Datos persoais | |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Madrid |
| Ocupación | político |
José María Abeijón Sánchez, nado en Ordes o 16 de novembro de 1913 e finado en Negreira o 10 de xuño de 1972, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antes do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cobrador de contribucións. Foi nomeado alcalde de Negreira en 1942, permanecendo no cargo até 1967. Foi deputado provincial. En novembro de 1967 foi elixido procurador en Cortes como representantes de Municipios da provincia da Coruña. Cesou como procurador en Cortes en 1971. Finou en Negreira o 10 de xuño de 1972.[1]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Lourdes Caamaño Pose e foi pai de María Lourdes, José, María Jesús e Santiago Abeijón Caamaño.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barreiro, X. R. (coord.); Barreiro, X. R.; López, B.; Mínguez, X. L. (2003). "ABEIJÓN SÁNCHEZ, José María". Parlamentarios de Galicia. Biografías de deputados e senadores (1810-2003) II. Santiago de Compostela: Parlamento de Galicia/RAG. p. 85. ISBN 84-87987-27-3. doi:10.32766/rag.168.
| Predecesor: Antonio Queiruga Fernández |
Alcalde de Negreira 1942 - 1967 |
Sucesor: Antonio García Abeijón |