Jorge Pulido
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 8 de abril de 1991 Talavera de la Reina | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 181 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Peso | 72 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jorge Pulido Mayoral, nado en Castillo de Bayuela o 8 de abril de 1991, é un futbolista español que xoga de defensa central no Huesca, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista, debutando co filial na Segunda División B na tempada 2009/10. Debutou oficialmente co primeiro equipo o 10 de novembro de 2010, nos deseisavos de final da Copa do Rei contra o Universidad de Las Palmas.[1]
O 15 de maio de 2011, beneficiándose das lesións de Diego Godín e Luis Perea e da sanción de Tomáš Ujfaluši, disputou o seu primeiro encontro na Primeira División, xogando os 90 minutos completos ante o Hércules CF. O 27 de xaneiro de 2012 foi cedido ao Rayo Vallecano, no que xogou ata o final da tempada.[2]
Despois de ser titular habitual no Rayo volveu ao Atlético no verán de 2012, pero o 19 de xullo de 2013 fichou polo Real Madrid Castilla, da Segunda División.[3] Tralo descenso do filial branco foi liberado e posteriormente uniuse ao Albacete Balompié, da mesma categoría.[4]
En xuño de 2016, despois do descenso do Albacete, Pulido fichou polo Sint-Truidense VV de Bélxica, co que asinou un contrato de tres anos.[5]
Despois de só un ano no estranxeiro, volveu á segunda división española o 6 de xullo de 2017, cando asinou co Huesca.[6] Xogou todos os partidos agás tres, nunha campaña na que os aragoneses acadaron o ascenso á máxima categoría por primeira vez na súa historia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Un golazo de Mérida y poco más en un Calderón fantasmagórico" [A great goal from Mérida and little more at a ghostly Calderón]. Marca (en castelán). 11 de novembro de 2010. Consultado o 18 de abril de 2026.
- ↑ "El Rayo consigue la cesión de Pulido" (en castelán). 27 de xaneiro de 2012. Consultado o 18 de abril de 2026.
- ↑ "Pulido, traspasado al Castilla". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2026.
- ↑ "El Albacete ficha al excentral del Castilla Jorge Pulido". Diario AS (en castelán). 6 de novembro de 2014. Consultado o 18 de abril de 2026.
- ↑ "OFFICIEEL: Ex-speler van Atlético en Real Madrid strijkt neer in Limburg" (en castelán). 27 de xuño de 2016. Consultado o 18 de abril de 2026.
- ↑ "El Huesca ficha a Jorge Pulido, ex canterano de Madrid y Atlético". Marca (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2026.