Jordi Figueras Montel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jordi
Información persoal
Nome Jordi Figueras Montel
Nacemento 17 de maio de 1987
Lugar de nacemento Lleida
Altura 1.85 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Betis
Número 25
Carreira xuvenil
1992–2005 UE Lleida
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2004–2005 UE Lleida 0 (0)
2005–2008 Real Madrid C
2008–2009 Celta de Vigo B 24 (5)
2009–2010 Celta de Vigo 30 (1)
2010–2012 FC Rubín Kazán 8 (0)
2010–2011Valladolid (cedido) 25 (2)
2011–2012Rayo Vallecano (cedido) 17 (0)
2012–2013 Club Bruxas 34 (1)
2013Rayo Vallecano (cedido) 14 (0)
2013– Betis 25 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 18 de maio de 2014.
editar datos en Wikidata ]

Jordi Figueras Montel, nado en Lleida o 17 de maio de 1987, é un futbolista catalán que xoga na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do UE Lleida de onde pasou ao Real Madrid C no ano 2005. No ano 2008 ficha polo Celta de Vigo B, e debuta co primeiro equipo en febreiro de 2009, facéndose coa titularidade ata que un ano despois ficha polo FC Rubín Kazán por 1 millón de euros.

Na tempada 2010-11 chega cedido ao Real Valladolid na Segunda División. Ao ano seguinte sería cedido ao Rayo Vallecano, porén no mercado de inverno foi traspasado ao Club Bruxas.

No mercado invernal da tempada 2012-13 chegou cedido outra vez ao Rayo Vallecano[1].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]