Joni Nyman
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 5 de setembro de 1962 Pori, Finlandia |
| Actividade | |
| Ocupación | boxeador |
| Deporte | boxeo |
| Participou en | |
| 1988 | Xogos Olímpicos de 1988 |
| 28 de xullo de 1984 | Xogos Olímpicos de 1984 |
Joni Nyman, nado en Pori o 5 de setembro de 1962, é un ex-boxeador finlandés, medallista de bronce nos Xogos Olímpicos de 1984. Tamén competiu nos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, onde caeu derrotado en cuartos de final.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Participou nos Xogos Olímpicos de 1984 nos Ánxeles, na categoría do peso wélter, derrotando sucesivamente ao camerunés Georges-Claude Ngangue, ao irlandés Kieran Joyce e ao xamaicano Dwight Frazer, ata que caeu derrotado en semifinais contra o surcoreano An Young-su, regresando a Finlandia coa medalla de bronce.[1] Catro anos despois, nos Xogos Olímpicos de Seúl, eliminou ao galego-canadense Manny Sobral, ao sueco Sören Antman e ao zambiano Dimus Chisala, e foi derrotado nos cuartos de final contra o estadounidense Kenneth Gould.[2]
Posteriormente tivo unha carreira como boxeador profesional, obtendo 15 vitorias e seis derrotas.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Boxeo nos Xogos Olímpcios de 1984 (peso wélter)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ "Boxeo nos Xogos Olímpicos de 1988 (peso wélter)". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 14 de setembro de 2021.
- ↑ "Carreira como profesional de Joni Nyman". boxrec.com (en inglés). Consultado o 14 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do boxeador no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do boxeador en olympedia.org (en inglés).