Saltar ao contido

Jonathan Nez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonathan Nez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de maio de 1975 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Tuba City Editar o valor en Wikidata
9º Presidente da Nación Navagho
15 de xaneiro de 2019 – 10 de xaneiro de 2023
 Russell BegayeBuu Nygren 
Vicepresidente da Nación Navagho
12 de maio de 2015 – 15 de xaneiro de 2019
 Rex Lee JimMyron Lizer 
Membro do Consello da Nación Navagho
2014 – 12 de maio de 2015
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo navagho Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Norte de Arizona
Northland Pioneer College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata

Jonathan Nez, nado en Tuba City o 26 de maio de 1975,[1][2] é un político navagho que serviu como o 9º Presidente da Nación Navagho dende 2019 até 2023. Anteriormente fora vicepresidente e delegado do Consello da Nación Navagho.[3][4][5]

A comezos da súa carreira, Nez serviu como delegado do Consello Navagho representando a Tsah Bii' Kin, Navajo Mountain, Shonto e Oljato. En 2024, gañou a candidatura demócrata (non disputada) para representar o 2º distrito do Congreso de Arizona, converténdose no "primeiro candidato político indíxena de Arizona en conseguir un nomeamento dun partido importante para un escano no Congreso",[6] mais perdeu fronte o republicano Eli Crane nas eleccións xerais.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nez naceu en Tuba City, Arizona,[7] e asistiu ao Northland Pioneer College e á Universidade do Norte de Arizona (NAU).[5] Obtivo unha licenciatura en ciencias políticas e un mestrado en administración pública pola NAU.[5]

Carreira política

[editar | editar a fonte]
Nez xunto acon Jake Steinfeld durante a cerimonia de entrega de premios en 2016.

A principios da súa carreira, Nez serviu como vicepresidente de Shonto. Tamén serviu como delegado do Consello da Nación Navajo, onde representou a Oljato, Ts'ah Bii' Kin, Navajo Mountain e Shonto.[5]

En 2015, foi elixido Vicepresidente da Nación Navajo nunha candidatura liderada por Russell Begaye. Xurou formalmente o seu cargo o 12 de maio de 2015.[8]

Nas eleccións do 6 de novembro de 2018, Nez foi elixido Presidente da Nación Navagho por unha marxe do 33,07% dos votos fronte ao expresidente Joe Shirley Jr.[3][4] Shirley recibira o respaldo de Begaye e tamén contaba cun gran recoñecemento debido ao seu antigo mandato.

Como presidente, Nez supervisou a resposta da Nación Navajo á pandemia de COVID-19. En setembro de 2021, a taxa de vacinación contra a COVID-19 da Nación Navajo era meirande ca na maioría das outras partes de Arizona.[9]

Nez presentouse de novo á reelección en 2022, perdendo contra Buu Nygren.[10] Durante a campaña, Nez aprobou a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo na Nación Navagho.[11]

Nez foi un dos primeiros partidarios da campaña presidencial de Hillary Clinton en 2016 e formou parte do Consello de Liderado de Arizona de Hillary for America.[12]

Nez foi escollido como un dos dezasete oradores para pronunciar conxuntamente o discurso principal na Convención Nacional Demócrata de 2020.[13] Foi un dos electores por Arizona en 2020 para as eleccións presidenciais.[14]

O 16 de outubro de 2023, Nez anunciou a súa candidatura para o 2º distrito do Congreso de Arizona, en poder do republicano Eli Crane.[15]

Incidente de atropelo en 2022

[editar | editar a fonte]

Nez e a súa familia case foron atropelados por un todoterreo cando este atravesou un desfile en Gallup, Novo México. En total, quince persoas resultaron feridas. Nez máis tarde reflexionou sobre o evento dicindo "poderías pensar que nunca pasaría aquí. Lamento dicir que pasou aquí en Gallup, Novo México", e "foi un momento difícil para nós".[16]

  1. "Happy Birthday to President and Vice President" (en inglés). 26 de maio de 2019. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2022. Consultado o 31 de decembro de 2022 vía Facebook. Both [President Jonathan Nez and Vice President Myron Lizer] share the same birth date of May 26th
  2. Becenti, Arlyssa (8 de novembro de 2018). "Nez: Youngest ever". Navajo Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2018. Consultado o 9 de abril de 2020.
  3. 1 2 Smith, Noel Lyn (8 de novembro de 2018). "Voters on the Navajo Nation elect president, council delegates". Farmington Daily Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 8 de novembro de 2018. Consultado o 9 de novembro de 2018.
  4. 1 2 Becenti, Arlyssa (7 de novembro de 2018). "Nez wins by 19,000 votes". Navajo Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2018. Consultado o 10 de marzo de 2022.
  5. 1 2 3 4 "Navajo Nation Vice President Jonathan M. Nez" (PDF) (en inglés). United States House of Representatives. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 19 de maio de 2017. Consultado o 9 de novembro de 2018.
  6. Donovan, Quintero (2024-08-01). "Former president wins primary uncontested, ready to take on Republican incumbent". Navajo Times. Consultado o 2024-08-09.
  7. "President Jonathan Nez" (en inglés). Office of the President, Navajo Nation. Arquivado dende o orixinal o 4 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2020.
  8. Donovan, Bill (12 de maio de 2015). "A number of firsts at Navajo presidential inauguration". Navajo Times (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2018.
  9. Ciletti, Nick (28 de setembro de 2021). "Navajo Nation President Jonathan Nez talks current state of COVID-19" (en inglés). KNXV-TV. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2022. Consultado o 11 de maio de 2022.
  10. Fonseca, Felicia (10 de novembro de 2022). "Challenger unseats Navajos' president". Arkansas Online (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2022. Consultado o 9 de decembro de 2022.
  11. Johansen, Kirsty (29 de outubro de 2018). "Gay couples from largest Native American tribe call for marriage equality". SBS News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2022. Consultado o 11 de maio de 2022.
  12. "Native push for Bernie Sanders fails to translate into more votes". Indianz (en inglés). 24 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2022. Consultado o 11 de maio de 2022.
  13. "Democrats Unveil A New Kind of Convention Keynote". 2020 Democratic National Convention (en inglés). 16 de agosto de 2020. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 16 de agosto de 2020.
  14. Ducey, Douglas A. (2020). "Arizona Certificate of Ascertainment" (PDF) (en inglés). National Archives and Records Administration. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 14 de decembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
  15. "Former Navajo Nation President Jonathan Nez plans to challenge Rep. Eli Crane". The Arizona Republic (en inglés). Consultado o 2023-10-16.
  16. "New Mexico: several arrested after SUV drives into Native American parade". The Guardian (en inglés). 5 de agosto de 2022. Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2022. Consultado o 6 de agosto de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]