Saltar ao contido

Jonathan Asp Jensen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonathan Asp Jensen

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xaneiro de 2006 Editar o valor en Wikidata (20 anos)
Gauerslund Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata

Jonathan Asp Jensen, nado en Gauerslund o 14 de xaneiro de 2006, é un futbolista dinamarqués que xoga como extremo esquerdo ou centrocampista ofensivo no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Gauerslund IF do seu pobo natal, pasando logo polas categorías inferiores do Vejle e do Midtjylland. En 2022 recalou no fútbol alemán, ingresando no equipo xuvenil do Bayern de Múnic.

En 2024 subiu ao Bayern de Múnic II, co que debutou o 24 de febreiro nun partido da Regionalliga Bayern contra o Viktoria Aschaffenburg.[1] O 12 de maio de 2024 debutou co primeiro equipo do Bayern na Bundesliga, nunha vitoria por 2-0 sobre o VfL Wolfsburg, partido no que saíu dende o banco no lugar de Lovro Zvonarek.[2]

Para a tempada 2025/26 foi cedido ao Grasshopper da Superliga suíza.[3] Co conxunto de Zürich disputou un total de 40 partidos, marcando 9 goles, e salvou a categoría tras vencer na promoción de permanencia ao Aarau.

En xullo de 2026 anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, club que viña de ascender á Primeira División e que pagou por el arredor de seis millóns de euros.[4]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coas categorías sub-16, sub-17 e sub-18 da selección de Dinamarca.[5]

  1. "Amateure feiern umkämpften Auswärtssieg in Aschaffenburg" (en alemán). 24 de febreiro de 2024. Consultado o 11 de xullo de 2026.
  2. "Überzeugende Bayern feiern Sieg gegen Wolfsburg im letzten Heimspiel" (en alemán). 12 de maio de 2024. Consultado o 11 de xullo de 2026.
  3. "GC verpflichtet Jonathan Asp Jensen per Leihe" (en alemán). 26 de xuño de 2025. Consultado o 11 de xullo de 2026.
  4. "Oficial: Asp Jensen se convierte en el quinto fichaje del Deportivo" (en castelán). 13 de xullo de 2026. Consultado o 14 de xullo de 2026.
  5. "Dansk talent til FC Bayern: Det er en stor drøm" (en dinamarqués). 4 de marzo de 2022. Consultado o 11 de xullo de 2026.