Jon Karrikaburu
![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (es) Jon Karrikaburu Jaimerena ![]() 19 de setembro de 2002 ![]() Elizondo, España (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,83 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2019 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Jon Karrikaburu Jaimerena, nado en Elizondo o 19 de setembro de 2002) é un futbolista navarro que xoga como dianteiro no Racing de Santander, da Segunda División, cedido pola Real Sociedad.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado como futbolista na canteira da Real Sociedad, debutou co equipo C na Terceira División con 17 anos, nun partido ante o Pasaia.[1]
Pechou a súa primeira tempada co segundo filial, con 10 goles, cifra que superou na seguinte campaña, na que marcou 22 goles en só 20 partidos co equipo C, incluíndo senllos tripletes ante o Aurrerá Ondarroa e o Balmaseda e catro tantos nunha goleada por 6-1 sobre o Deusto.
O 28 de marzo de 2021 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División B ante o Alavés B, marcando un dos catro goles do seu equipo (4-1). Anotou tres goles máis co filial esa campaña, incluíndo o gol na prórroga da final da promoción de ascenso contra o Algeciras, co que o Sanse adestrado por Xabi Alonso regresou á Segunda División 59 anos despois.[2]
O 30 de setembro de 2022 debutou co primeiro equipo da Real, nun partido da Europa League ante o Monaco no que saltou ao campo como substituto do seu antigo compañeiro no xuvenil Mikel Oyarzabal.[3]
Para a tempada 2022/23 subiu ao primeiro equipo, onde tivo pouco protagonismo, polo que no mercado invernal saíu cedido ao Leganés, da Segunda División.[4] A continuación foi cedido sucesivamente ao Alavés, o Andorra e o Racing de Santander.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Karrikaburu, goles desde Elizondo". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de decembro de 2019. Consultado o 27 de abril de 2025.
- ↑ "La Real B de Xabi Alonso regresa a Segunda 59 años después" (en castelán). 22 de maio de 2021. Consultado o 27 de abril de 2025.
- ↑ "La Real se crece en la adversidad" (en castelán). 30 de setembro de 2021. Consultado o 27 de abril de 2025.
- ↑ "Cedido al CD Leganés" (en castelán). 15 de xaneiro de 2023. Consultado o 27 de abril de 2025.
- ↑ "Cedido al Racing de Santander" (en castelán). 20 de xullo de 2024. Consultado o 27 de abril de 2025.