Jon Iñarritu
Jon Iñarritu | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1979 |
Lugar de nacemento | Leioa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Facultade de Dereito (Universidade do País Vasco) |
Ocupación | político e xurista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Jon Iñarritu García, nado en Leioa o 28 de marzo de 1979, é un político vasco da coalición Euskal Herria Bildu. Foi deputado no Congreso dos Deputados na X lexislatura (2011-2016), senador no Senado de España na XIIª lexislatura (2016-2019) e volveu ser elixido deputado nas eleccións de abril e nas de novembro de 2019, ocupando o seu escano no Congreso na XIIIª e XIVª lexislaturas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Licenciouse en Dereito na Universidade do País Vasco e fixo o máster en Dereito Europeo e Internacional na Universidade Pierre Mendès France.[1]
Foi deputado do Congreso dos Deputados de España na X Lexislatura (2011-2015) pola coalición Amaiur[2][3][4] e senador no Senado de España pola coalición de esquerda Euskal Herria Bildu (2016-2019), por designación autonómica do Parlamento Vasco.[5][6][7][8] Tanto nas Eleccións xerais de abril de 2019 como nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano foi elixido deputado do Congreso.[9]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Euskal Herria Bildu. "EH Bildu propone a Jon Iñarritu como candidato a senador autonómico". ehbildu.eus. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Congreso de los Diputados. "Iñarritu García, Jon". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ "Jon Iñarritu García". Políticas. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ "Jon Iñarritu García Jn.: Elecciones Generales 2011". ABC. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Senado de España. "Iñarritu García, Jon". www.senado.es. Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ "EH Bildu propone a Iñarritu como candidato a senador autonómico y cree que le corresponde al ser segunda fuerza". europapress.es. 11 de novembro de 2016. Consultado o 11 de marzo de 2018.
- ↑ Intergrupo parlamentario español sobre población, desarrollo y salud reproductiva. "Jon Iñarritu García". intergruposalud.es. Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ "EH Bildu propone a Iñarritu como candidato a senador autonómico y cree que le corresponde al ser segunda fuerza". eldiario.es. 11 de novembro de 2016. Consultado o 14 de marzo de 2018.
- ↑ «Los 18 diputados y 12 senadores electos por Euskadi». EITB. 29 de abril de 2019.
- Nados en 1979
- Nados en Leioa
- Políticos de Aralar
- Políticos de Amaiur
- Políticos de EH Bildu
- Alumnos da Universidade do País Vasco
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Senadores de España por designación autonómica
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)