Saltar ao contido

Jon Bilbao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJon Bilbao

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1972 Editar o valor en Wikidata (52/53 anos)
Ribeseya, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata
Premios

Facebook: jon.bilbao.79 BNE: XX1767824 Editar o valor en Wikidata

Jon Bilbao Lopategui, nado en Ribadesella, Asturias, en 1972, é un enxeñeiro e escritor español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro de minas pola Universidade de Oviedo e tamén licenciado en Filoloxía inglesa.[1] En 2005 participou no libro Ficcións, recompilación de relatos de varios autores publicada pola editorial Edaf en colaboración coa Asociación Colexial de Escritores (ACE). Nese mesmo ano recibiu o premio Asturias Joven, na súa modalidade de narrativa, polo libro 3 relatos, publicado en 2006 pola editorial Nobel. É autor tamén das biografías destinadas ao público infantil: Leonardo da Vinci, el inventor, Henry Stanley, el explorador (El Rompecabezas, 2006), Shakespeare, el maestro del teatro (El Rompecabezas, 2007) e Lewis y Clark la conquista del oeste (El Rompecabezas, 2008).

A comezos de 2008 publicou a súa primeira novela El hermano de las moscas (Ed. Salto de Página). A finais dese mesmo ano publicou o libro de relatos Como una historia de terror (Salto de Página). Con este libro obtivo o premio "Ollo Crítico de Narrativa 2008" que concede Radio Nacional de España. En 2010 publicou o seu segundo libro de contos, Bajo el influjo del cometa (Salto de Página), co que gañou o Premio Tigre Juan.

A súa segunda novela foi Padres, hijos y primates (Salto de Página, 2011). En 2013 publicou a novela Shakespeare y la ballena blanca (Tusquets, 2013), na que recrea unha suposta viaxe de William Shakespeare a Dinamarca e na que homenaxea a Moby Dick de Herman Melville. En 2016 empezou a publicar o seu traballo na editorial Impedimenta, selo editorial no que apareceu a súa colección de contos Estrómboli. En 2018 publicou tres novelas curtas co título conxunto de El silencio y los crujidos (Impedimenta, 2018). Posteriormente, publicou Basilisco, tamén en Editorial Impedimenta, unha novela western con toques metaliterarios que inicia a serie de novelas baseadas no aventureiro John Dunbar, o cal obtivo un gran éxito de público e crítica e converteuse nun dos seus libros máis aclamados. En 2021 publicou a nouvelle Los estraños (Editorial Impedimenta). En 2023 retomou o personaxe de John Dunbar na novela Araña para pechar a serie en 2024 co título Matamonstruos.[2][3][4][5]

Con Gemma Ruiz i Palà nas Afinidades electivas, Libraría Paz de Pontevedra, 2025

Leva anos residindo en Bilbao, onde traballa como guionista de televisión, tradutor e redactor de textos. En 2025 participou en Pontevedra nas Afinidades electivas.[6]

  • El hermano de las moscas (2008). Salto de Página
  • Padres, hijos y primates (2011). Salto de Página
  • Shakespeare y la ballena blanca (2013). Tusquets.
  • El silencio y los crujidos (2018). Editorial Impedimenta.
  • Basilisco (2020). Editorial Impedimenta.
  • Araña (2023). Editorial Impedimenta.
  • Matamonstruos (2024). Editorial Impedimenta.

Novela curta

[editar | editar a fonte]
  • Los extraños (2021). Editorial Impedimenta.
  • 3 relatos (Nobel, 2006)
  • Como una historia de terror (2008). Salto de Página.
  • Bajo el influjo del cometa (2010). Salto de Página.
  • Física familiar (2014). Salto de Página.
  • Estrómboli (2016). Editorial Impedimenta.

Premios e galardóns

[editar | editar a fonte]
  • 2005: Premio Asturias joven, xunto a José Ángel Gayol. Convocado pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Asturias para menores de 35 anos.
  • 2007: Gañador do XXXVI Concurso de Contos Ignacio Aldecoa polo relato «Calor».
  • 2008: Premio Ollo Crítico de Narrativa por Como unna historia de terror.
  • 2010: Premio Tigre Juan por Bajo el influjo del cometa
  • 2011: Premio Euskadi de Literatura por Bajo el influjo del cometa
  • 2020: Premio das librarías de Navarra por Basilisco.
  • 2021: Premio á mellor obra orixinal en castelán 2021 - Festival de Xéneros Fantásticos de Barcelona 42.
  • 2021: Premio Euskadi de Prata 2021 - Gremio de Libreiros de Guipúzcoa.[7]
  1. "Bilbao, Jon – Impedimenta" (en castelán). Consultado o 2025-10-03. 
  2. Antón, Jacinto (2013-06-29). "Ser o no ser… la ballena blanca". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2025-10-03. 
  3. ESCRITOR, OSCAR ESQUIVIAS (2018-02-23). "El silencio y los crujidos". www.20minutos.es - Últimas Noticia (en castelán). Consultado o 2025-10-03. 
  4. Aguinaga, Ana Jiménez Guerra / Iban (2021-06-05). ""Pagar facturas a fin de mes, por rutinario que nos parezca, entraña algo de épica"". Diario de Noticias de Navarra (en castelán). Consultado o 2025-10-03. 
  5. "Bilbao, Jon – Impedimenta" (en castelán). Consultado o 2025-10-03. 
  6. Galicia, Federación de Librarías de. "Evento". Federación de Librarías de Galicia. Consultado o 2025-10-03. 
  7. "Amaia Telleria y Jon Bilbao reciben los premios Euskadi de plata". www.kulturklik.euskadi.eus (en castelán). 2021-02-12. Consultado o 2025-10-03. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]