Johnny English
| Johnny English | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
Johnny English é un filme de 2003 dirixido por Peter Howitt e escrito por Neal Purvis, Robert Wade e William Davies. Producido por StudioCanal e Working Title Films, o filme céntrase nun axente zoupón do MI7 nunha misión para atopar os ladróns das xoias da coroa británica e recuperalas deles. Protagonizada por Rowan Atkinson no papel principal xunto con Natalie Imbruglia, Ben Miller e John Malkovich, é a primeira entrega da serie de filmes Johnny English e serve como parodia e homenaxe ao xénero de espías, principalmente á serie de películas de James Bond, así como ao personaxe de Mr. Bean interpretado por Atkinson. O personaxe tamén está relacionado co zoupón personaxe de espía interpretado por Atkinson nunha serie de anuncios no Reino Unido para Barclaycard na década de 1990.
Estreouse en galego o 15 de agosto de 2025 a través da TVG.[1]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Rowan Atkinson como Johnny English
- Natalie Imbruglia como Lorna Campbell
- Ben Miller como Angus Bough
- John Malkovich como Pascal Sauvage
- Oliver Ford Davies como arcebispo de Canterbury
- Tim Pigott-Smith como Pegasus
- Kevin McNally como Primeiro Ministro do Reino Unido
- Douglas McFerran como Klaus Vendetta
- Steve Nicolson como Dieter Klein
- Tasha de Vasconcelos como muller exótica
- Greg Wise como Axente One
- Terence Harvey como oficial do funeral
- Nina Young como secretaria de Pegasus
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ @DobraxeGalega, ed. (15 de agosto de 2025). "Hoxe as 00:20 estrea de Johnny English na TVG.". Consultado o 16 de agosto de 2025.
- Filmes de 2003
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes do Reino Unido
- Filmes de Francia
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de Working Title Films
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes de StudioCanal
- Filmes rodados en Londres
- Filmes rodados en Kent
- Filmes rodados en Buckinghamshire
- Filmes ambientados en Londres
- Filmes producidos por Tim Bevan
- Filmes producidos por Eric Fellner
- Filmes sobre a realeza
- Filmes de 2003 con versión en galego