John Soane

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJohn Soane

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de setembro de 1753 Editar o valor em Wikidata
Reading Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xaneiro de 1837 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSt Pancras Old Church, Camden (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Londres (1772–1837) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónarquitecto , arqueólogo Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoClasicismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosGeorge Soane Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Soane-57 Find a Grave: 8183 Editar o valor em Wikidata

John Soane (10 de setembro de 175320 de xaneiro de 1837), foi un importante arquitecto inglés do último terzo do s.XVIII e principios do s.XIX.

Pertencía ao movemento arquitectónico chamado "clasicismo romántico" inglés, unha variante dentro do Neoclasicismo. Era un arquitecto con certa visión utópica.

Levaba sempre consigo ao pintor Gandy, que retrataba e esaxeraba os seus proxectos. Debuxáballe incluso algúns edificios en ruínas.(moi típico dos románticos).

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Banco de Inglaterra (1777), neoclásico, é o seu máis famoso traballo, ten unha idea de estrutura de cúpula abovedada, semellante a que tiña Piranesi. Grecas na bóveda, cariátides na lanterna son outros dos seus detalles.

Ten certa idea de planta libre, xa que se interconexionan espazos.

  • Casa Soane en Lincoln's Inn Fields,(1811) mercou unha parte e logo foi estendéndoa, foi facéndoa por partes. Modifica a fachada con arcos e revestimento pétreo.

É extremadamente sinxelo, ata un extremo revolucionario. A súa composición baséase en edificios, espazos pequenos no interior doutros máis grandes; espazos diáfanos e transitorios. Para ilumina-las zonas interiores utiliza lucernarios, diversos e con vidro de cores.

Algúns espazos eran moi estreitos e era nestes nos que colocaba as súas coleccións. Dunha forma moi romántica, mesturou todos os estilos, na súa colección e na súa arquitectura. Creou grandes espazos en altura, chegando incluso a tripla altura, onde colocaba as coleccións.

No seu "Breackfast room", colocou espellos para face-los espazos máis grandes.

Hoxe en día é un museo, e xa el o ideara para tal, coma "casa-museo".

  • Dullwich Picture Gallery (1812), é unha galería de pintura.

Chama a atención po-las referencias arqueolóxicas que emprega. Decoracións funerarias, ataúdes na fachada... Isto recorda de novo a Piranesi.

Composición de Floreiros, e elementos xeométricos moi elementais.

Outras obras relevantes foron:

  • Aynhoe Park, Aynhoe, Banbury, Oxfordshire
  • Chillington Hall
  • Moggerhanger Park, Moggerhanger, Bedfordshire
  • Piercefield House
  • Pitzhanger Manor
  • The Royal Hospital, Chelsea
  • St John's Bethnal Green
  • Trinity Church Marylebone
  • Tyringham Hall, Newport Pagnell, Buckinghamshire
  • St. Peter's Church, Walworth
  • South Hill Park
  • Wimpole Hall, Arrington, Royston, Cambridgeshire
  • Wokefield Park