John R. Sinnock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «John Ray Sinnock»)
John R. Sinnock

John R. Sinnock traballando no modelo
en xeso da moeda de 10 centavos dos EEUU


Nome completoJohn Ray Sinnock
Nacemento8 de xullo de 1888
 Raton.
Novo México.
Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento14 de maio de 1947 (59 anos)
 Staten Island.
Nova York.
Estados Unidos de América Estados Unidos
ÁreaDeseño e gravado.
Educación Universidade das Artes (Filadelfia).
ObrasMoeda de 10 cents dos EEUU (Rooslvelt).
NacionalidadeEstadounidense
CónxuxeJennie Alice Peart (1914).
editar datos en Wikidata ]

John Ray Sinnock, nado o 8 de xullo de 1888 en Raton, Novo México, e finado o 14 de maio de 1947 en Saten Island, Nova York, Foi un gravador e deseñador de moedas estadounidense, o oitavo en ocupar o posto de gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, entre 1925 e 1947.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Esbozos os 10 centavos Roosvelt, realizados por John R. Sinnock.[3]

Sinnock trasladouse a Pensilvania para se formar en Métodos e Deseños Artísticos na Escola de Arte Industrial do Museo de Filadelfia (a actual Universidade das Artes), onde se graduou en 1913. Estes estudos conducírono á consecución do premio A. W. Mifflin.[2]

Logo da súa graduación, axiña se deu a coñecer na comunidade artística de Filadelfia polos seus traballos, varios deles medallas con retratos de presidentes e personaxes célebres da época. Entre outras institucións, formou parte do Philadelphia Sketch Club e da Philadelphia Aliance.[2]

Durante unha década, Sinnock dedicouse á docencia, tanto na súa universidade de orixe como na Case Estern Reserve University. En 1917 ingresou como gravador asistente na Ceca de Filadelfia, da United States Mint, da man do daquela gravador xefe, George T. Morgan, a quen sucedeu no posto en 1925 logo do falecemento deste.[2][4]

Os dous traballos que fixeron máis popular a figura de John R. Sinnock foron as moedas de prata de 10 centavos (dime) co busto de Roosevelt (1946) e de medio dólar co busto de Franklin (1948), por seren estas de curso legal e estaren en circulación durante décadas.[2][5][6] O reverso desta última moeda quedou inacabado polo falecemento de Sinnock e foi concluído polo seu sucesor como gravador xefe, Gilroy Roberts.[7]

Nas ceracións de Sinnock aparecen adoito gravadas as súas iniciais JS. Este feito fixo xurdir nos Estados Unidos, logo da aparición da moeda de 10 centavos en 1946, a crenza popular de que as siglas correspondían ao nome do líder soviético Joseph Stalin e que se debían á infiltración dun axente soviético na casa da moeda, no marco da obsesión anticomunista imperante da época. Este rumor rexurdiu logo da aparición póstuma, en 1948, do medio dólar tamén deseñado por Sinnock.[2][8]

Placa co busto de Roosvelt, obra de Selma H. Burke

Outra controversia suscitada arredor da moeda de 10 centavos foi a acusación de que Sinnock copiara o busto de perfil do presidente Roosvelt dun baixorrelevo de bronce creado pola escultora Selma H. Burke. Sinnock Negou sempre tal acusación.[9][10][11]

Ao traballo de John Sinnock débense tamén outras diversas moedas conmemorativas dos Estados Unidos e algunhas medallas e condecoracións militares (nalgunhas ocasións sobre deseños alleos), como a Purple Heart (1932)[12][13], a Merchant Marine Victory Medal (1946)[14] ou a Yangtze Service Medal (1930),[15] entre outras.[2]

Logo do seu falecemento en 1947, parte dos seus bosquexos, utensilios, traballos, etc., forman parte do Museo de Luxemburgo, en París, da American Numismatic Society, en Nova York, e da Colección Numismática Nacional dos EEUU, en Washington.[2]

Moedas deseñadas por Sinnock[editar | editar a fonte]

Galería de traballos de Sinnock[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "John Ray Sinnock". askART.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 "John R. Sinnock Biography". USA Coin Book.
  3. Taxay, D. (1966). Páxina 374.
  4. "John R. Sinnock, Coin Designer". En The Numismatic Scrapbook Magazine. 15 de marzo de 1946. Páxina 260.
  5. "The Roosvelt Dime". En Taxay, D. (1966). Páxinas 371-375.
  6. "The Franklin Halfdollar". En Taxay, D. (1966). Páxinas 376-377.
  7. "Gilroy Roberts". USA Coin Book.
  8. Mikkleson, D. (2011). "Josef Stalin on the U.S. Dime. Do Josef Stalin's initials appear on the dime?". Snopes.com
  9. Ayele Djossa, C. (2018). "Who Really Designed the American Dime?". En Atlas Obscura. 17 de xaneiro.
  10. "Burke vs. Sinnock: who designed the dime?". En E-Sylum. Vol. 21. Nº 3. 21 de xaneiro de 2018.
  11. "John R. Sinnock, Coin Designer". En The Numismatic Scrapbook Magazine. 15 de marzo de 1946. Páxina 261.
  12. "Purple Heart". Birmingham Museum of Art.
  13. "John Sinnock and the Purple Heart". En The e-Sylum. Vol. 14. Nº 3. 16 de xaneiro de 2011.
  14. "Merchant Marine Victory medal Arquivado 16 de outubro de 2013 en Wayback Machine.". Collections Online.
  15. "1926-1932 USMC Yangtze Service Medal". Militaria 1919-1938.
  16. "½ Dollar State of Illinois Anniversary". Numista.com
  17. "½ Dollar Sesquicentennial of American Independence". Numista.com
  18. "2½ Dollars Independence". Numista.com
  19. "2 Francs Allied Occupation Coinage". Numista.com
  20. "1 Dime "Roosevelt Silver Dime" e "1 Dime "Roosevelt Dime". Numista.com
  21. "½ Dollar "Franklin Half Dollar"". Numista.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
George T. Morgan

Gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos

1925 - 1947
Sucesor:
Gilroy Roberts